×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clúster Alimentario de Galicia participa no lanzamento do proxecto europeo INCluSilver

O pasado 5 de abril celebrouse en Bruxelas o Kick off meeting do proxecto INCluSilver coa presenza dunha delegación do Clúster Alimentario de Galicia encargada da coordinación e execución dos proxectos europeos dos que forma parte.

O proxecto INCluSilver pretende apoiar a colaboración entre as principais partes interesadas de diferentes sectores para facilitar o desenvolvemento de ideas innovadoras no campo da nutrición personalizada para a poboación senior. A nutrición personalizada ofrece un novo enfoque para axudar aos cidadáns para axustar o seu comportamento alimentario ao asesorar sobre as opcións de alimentos e patróns de alimentación que se axusten ás súas necesidades individuais.

A poboación senior está impulsada tanto pola aparición de novos mercados de consumo como pola necesidade de mellorar a sustentabilidade do gasto público ligado ao envellecemento. Por tanto, estimular o mercado de produtos e servizos de nutrición personalizada que respondan as necesidades deste sector da poboación pode crear un efecto de atracción masiva nos mercados existentes ou emerxentes, así como un enorme impacto nos sistemas de prestación de servizos de saúde.

INCluSilver pretende aproveitar as oportunidades vinculadas á nutrición personalizada e o envellecemento da poboación europea a través dunha innovación reforzada de produtos e servizos en diferentes sectores industriais.

O proxecto, no que participan empresas e institucións de España, Suecia, Hungría, Italia, Reino Unido, Irlanda, Francia, Dinamarca e Grecia iniciouse oficialmente o pasado 1 de marzo de 2017 e durará 3 anos. Conta cun orzamento de 4,11 millóns de euros achegado por Horizon 2020.

No proxecto participan como socios ademais de CLUSAGA: Skane Food Innovation Network, Distretto Agroalimentare Regionale, University of Surrey, Danish Food Cluster, Whitaker Institute for Innovation and Societal Challenge - NUI Galway, Corallia Clusters Initiative / Research Center Athena, INNOSKART ICT Cluster e Agropolis International.