×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clúster Alimentario de Galicia participa no grupo de aprendizaxe do consorcio Inclusilver

O pasado 8 de Xuño tivo lugar na Universidade de Surrey, Londres, o primeiro evento de aprendizaxe conxunto entre o consorcio de clústeres que forman INCluSilver, destacando a presencia dun membro do equipo técnico de proxectos, Karolina Iwanowicz.

O proxecto Innovation in personalised Nutrition through Cluster cooperation in the Silver economy INCluSilver busca aproveitar as oportunidades relacionadas coa nutrición personalizada e a economía sénior, a través do reforzo da innovación en produtos e servizos de distintos sectores, orientada ao segmento poboacional de máis de 50 anos. INCluSilver, está sendo desenvolvido por un consorcio de nove clústeres, liderados por Skane Food Innovation Network, de Suecia, e o Clúster Alimentario de Galicia, entre 2017 e 2020.

Este primeiro encontro levouse a cabo antes de rematar os servicios de apoio a innovación como parte do proceso de demostración de novas e mellores formas de deseño e implementación de modernos servicios por parte dos clústeres, os cales toman unha gran vantaxe do transformativo poder da innovación cara a elaboración de cadeas de valor, sectores e industrias emerxentes. Ademais cada asociado puido valorar a súa función inicial dentro do consorcio e na elaboración do proxecto INCluSilver.

Agropolis International, Corallia, Danish Food, Dare, INNOSKART, NUIG e a propia Universidade de Surrey son o resto de membros que forman o consorcio xunto con CLUSAGA E SFIN.

O obxectivo xeral do Proxecto INCluSilver é apoiar a colaboración entre grupos de interese clave, en particular empresas, en distintos sectores que facilite o desenvolvemento de ideas innovadoras no ámbito da nutrición personalizada para a poboación sénior.

Entre os principais beneficios para as empresas e entidades participantes atópanse a posibilidade de obter apoio financeiro directo (cheques de innovación) e técnico (a través de servizos de apoio á innovación) para aumentar a capacidade de innovación das PEMES. Ademais de asesoramento individualizado, actividades de formación avanzada e unha contorna colaborativa virtual de apoio á innovación aberta.

O núcleo do proxecto será a Contorna Colaborativa Virtual dedicada aos grupos de interese da nutrición personalizada, en particular as PEMEs. A CCV permitirá a creación dunha plataforma común de expertos (Gremios de Innovación); o establecemento dunha ferramenta tecnolóxica para a compilación de información e de procura de socios para incentivar a interacción e a colaboración.