×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clúster Alimentario de Galicia participa na oitava edición da Hong Kong International Wine and Spirit Fair

O Clúster Alimentario de Galicia vén de participar na oitava edición da Hong Kong International Wine and Spirit Fair celebrada entre os días 5 e 7 de novembro coa finalidade de dar a coñecer os viños galegos no mercado chinés a través do proxecto Primex China.

A feira estase posicionando como unha das máis importantes de Asia no seu sector, representando un importante escaparate para o presente e futuro do viño nos mercados asiáticos. Este ano participaron máis de 1000 expositores de 32 países, ademais de 20.000 compradores e 30.000 visitantes.

Nesta edición Portugal foi o país socio da feira, establecendo arredor de 40 expositores e presentando máis de 500 viños seleccionados das súas bodegas. Ademais, durante as xornadas, leváronse a cabo catas, conferencias como “Future and Sustainability: Wine and Our Times”, seminarios, master classes, así como eventos relacionados con cocktails e whiskies.

O evento foi organizado polo Hong Kong Trade Development Council, un órgano estatutario que funciona como brazo para o comercio internacional dos comerciantes, fabricantes e provedores de servizos de Hong Kong. Con máis de 40 oficinas en todo o mundo, o HKTDC promove Hong Kong como unha plataforma para facer negocios con China e toda Asia. Tamén organiza exposicións internacionais, conferencias e misións empresariais para facilitar ás empresas oportunidades de negocio nos mercados internacionais.