×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clúster Alimentario de Galicia participa na misión institucional de Galicia a China

O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, emprendeu unha viaxe oficial a China acompañado por membros do consistorio autonómico así como una delegación de empresarios, especialmente do ámbito agroalimentario, destacando a presenza do Clúster Alimentario de Galicia, representado polo seu Xerente, Roberto Alonso Ferro.

A idea principal da viaxe foi a exploración de novas vías de negocio e de colaboración económica entre Galicia e China, que permitan as empresas galegas mellorar competitivamente e crecer no futuro, expandido os seus negocios a territorios internacionais e de gran mercado.

Xunto o Presidente, acudiron a China o conselleiro de Economía, Empleo e Industria, Francisco Conde; o director do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Juan Cividanes; e membros de empresas asociadas ao clúster como Aceites Abril, Bodegas Martín Codax, Feiraco, Coren, Conxemar, Calvo e ANFACO. Ademais, alí foron recibidos por Rodrigo Aguirre de Cárcer y García del Arenal, Cónsul de España en Shanghai; Alfonso Noriega Gómez, Conselleiro Económico Ofecomes Shanghai; e Samuel Juárez Casado, Conselleiro de Agricultura da Embaixada de España.

O país asiático está considerado como a segunda potencia mundial e conta entre os seus plans de futuro cun proxecto de apertura económica cara o continente europeo, unha expansión que permita un desenvolvemento económico aproveitando as novas infraestruturas e canais que se construirán para afianzar eses lazos. Grazas a súa fantástica localización xeográfica no sur de Europa, Galicia pode establecerse como un pilar comercial neste ámbito de relacións internacionais, especialmente para os exportadores galegos, establecendo con produtos de primeira calidade os mercados chineses. Hai que ter en conta que na actualidade, China é o terceiro pais do mundo que mais exportacións recibe de Galicia, de case 500 empresas.

Nesta viaxe destacou a visita ao xigante da alimentación en China, COFCO. Trátase dunha das máis importantes SOES (empresas estatais) chinesas. Actualmente presente en máis de 140, empezou no sector da alimentación, pero diversificou a súa área de negocios e na actualidade conta con moitas filiais con intereses no sector inmobiliario, de transportes e hostaleiro. COFCO é o maior provedor de produtos agrícolas cun volume de negocio de 150 millóns de toneladas no mundo, que o converte na primeira compañía polos seus activos totais e na terceira empresa da industria agrícola mundial por ingresos totais. Como un xigante do sector da alimentación, a súa estratexia de expansión inclúe o desenvolvemento de tecnoloxías para produción de gran, sementes, cultivos e biocarburantes.

Por outra banda cabe recordar que China conta cunha xigantesca poboación, con máis de 1.400 millóns de persoas, polo que as oportunidades no ámbito da alimentación están máis presentes que nunca para as empresas galegas, e seguirán medrando nos próximos anos. Por iso é importante comezar a plantar as sementes para crear esas liñas de negocio no sector da alimentación e as bebidas.

O Cluster participa no Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios 2016. Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios 2016.

Como apoio ao proceso de internacionalización, o Cluster Alimentario de Galicia, ten axuda concedida polo IGAPE para participar no Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios 2016, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020. OT3. “Conseguir un tecido empresarial mais competitivo".

O obxectivo do Programa Exporta OOII 2016 é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.