×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Cluster Alimentario de Galicia organiza os encontros internacionais Salimat 2017

O Clúster Alimentario de Galicia vén de participar no Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat 2017, celebrado do 8-11 de xuño no recinto da Feira Internacional de Silleda. O Clusaga colaborou na organización dos Encontros Internacionais, en particular, seleccionando os importadores internacionais e compradores nacionais con maior interese para a oferta alimentaria presente no salón.

Salón de Alimentación do Atlántico. Salimat

O Salón de Alimentación do Atlántico celebrouse do 8 ao 11 de xuño en Silleda, afianzando a súa efectiva proposta de contacto coa distribución e o consumidor. Dende a súa ampla experiencia, na súa vixésimo primeira edición, este salón apostou en 2017 por fomentar a presentación de produtos innovadores e o intercambio de información entre produtores e compradores, nun intento por dotar aos produtos dun valor engadido.

O programa de encontros e visitas de negocio

As axendas de encontros celebráronse os días 8 e 9 de xuño, levándose a cabo máis de mil reunións entre empresas de alimentación que expuxeron os seus produtos no certame e importadores, distribuidores e restauradores a nivel internacional. Nesta edición participaron nos encontros importadores internacionais unha vintena de compradores alimentarios de 10 países, catro máis que o pasado ano, procedentes de Alemaña, Bélxica, Estados Unidos, Francia, Holanda, Lituania, Polonia, Rusia e Xapón.

Por parte de España contouse con conceptos destacados da restauración española, entre os que se encontraban restaurantes con estrela michelín. A delegación completouse coas principais cadeas de distribución Gadisa, Cash Galicia, El Corte Inglés e Carrefour.

Asemade, a delegación de importadores puido visitar as instalacións de varias compañías alimentarias de diferentes sectores. O obxectivo é achegalos ao proceso produtivo, mostrándolle como dende o inicio cunha materia prima de excelente calidade se obteñen os mellores produtos.

O programa de encontros e visitas de negocio permitiu finalmente poñer en contacto a empresas participantes e importadores de distintos países con interese nos seus produtos, facilitando a concreción de futuros acordos comerciais.