×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clúster Alimentario de Galicia inicia o avance cara a fábrica do futuro

foto dos gañadores co premio

O presidente do Clúster Alimentario de Galicia, Juan Vázquez, recibiu hoxe de man do conselleiro de Economía, Industria e Emprego, Francisco Conde, nun acto celebrado na Cidade da Cultura de Galicia, o premio ao proxecto gañador do Concurso de Ideas Industria 4.0, convocado polo Instituto Galego de Promoción Económica IGAPE, o que supón un fito inicial de desenvolvemento do sector alimentario galego cara a fábrica intelixente

O concurso de ideas Industria 4.0

No acto de entrega, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou que o Concurso de Ideas Industria 4.0 supón a porta de entrada á fábrica intelixente para as PEMEs galegas que participan nos proxectos presentados a esta competición polos clústers dos sectores estratéxicos de automoción, aeronáutico, forestal e alimentario. Os catro clústers, entre os que está o Clúster Alimentario de Galicia, recibiron hoxe os galardóns coma gañadores do concurso, unha iniciativa que lles permitirá poñer en marcha 7,5 millóns de euros en investimentos público-privados no eido da Industria 4.0.

“Galicia quere estar á vangarda da Industria 4.0 e buscamos que esa revolución non chegue tan só a gran empresa, senón que beneficie de forma específica á pequena e mediana empresa, que é o fin deste concurso”, sinalou Conde. “Os catro proxectos seleccionados que hoxe recoñecemos, teñen presentado a visión dunha Galicia que compite no mundo poñendo á disposición das PEMEs as tecnoloxías máis avanzadas”, dixo o conselleiro, “marcando o camiño a seguir para facer de Galicia un referente industrial español na vindeira década”.

Conde defendeu a necesidade de basear a competitividade galega na implantación de tecnoloxías como a robotización, fabricación aditiva, sensórica e sistemas ciber-físicos, internet das cousas industriais, ou o Big Data, e subliñou que a esa convicción responde a Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0, da que o Goberno galego xa ten posto en marcha varias medidas no seu primeiro ano e medio.

O proxecto de futuro dá fábrica 4.0 na industria alimentaria e vitivinícola de Galicia

O proxecto gañador no Concurso de Ideas Industria 4.0, xurdiu a iniciativa do CLUSAGA en colaboración co centro tecnolóxico CECOPESCA, e pretende avanzar no uso intelixente da información dirixida pode contribuír a mellorar a competitividade da industria, a sustentabilidade e a innovación na cadea de valor dos alimentos e bebidas.

O consorcio empresarial está liderado polos referentes tecnolóxicos en tres sectores estratéxicos da cadea de valor: lácteo, vitivinícola e hortofrutícula, este feito asegura un maior alcance e repercusión das actividades que levarán a cabo no marco da iniciativa e, sobre todo, dos proxectos individuais, en particular estas empresas: Martín Códax, Kiwi Atlántico e Innolact.

O proxecto inclúe, o desenvolvemento de liñas intelixentes de envasado, trazabilidade de alimentos mediante o espectro infrarvermello cercano NIR, procesos industriais plenamente automatizados e xestión avanzada da información nas áreas de produción, calidade, loxística e comercial. O proxecto, que involucra a máis de 12 colaboradores tecnolóxicos empresas e centros, desenvolverase durante os anos 2016 e 2017 mobilizando unha inversión inicial de 625.000 €.

Os desafíos e as solucións a implantar

O presidente do Clúster Alimentario, Juan Vázquez, subliñou no seu discurso de agradecemento a importancia da colaboración público-privada ante o novo desafío da denominada industria do futuro e que o clúster recolleu no novo Plan Estratéxico 2020.

Destacando asemade que os sistemas de produción e distribución de alimentos son cada vez máis interdependentes, integrados e globalizados. Por iso as empresas alimentarias galegas necesitan cada vez máis as novas tecnoloxías para poder validar a calidade dos seus procesos de produción, en tempo real, responder eficazmente ás novas regulacións e os requisitos de seguridade e calidade, adaptarse ás cambiantes preferencias dos consumidores e demostrar as súas credenciais no cumprimento de normas ambientais. Para investigar estes retos, o proxecto levará a cabo a aplicación de solucións para a integración da información dos procesos de produción e envasados de alimentos e bebidas, para abordar o desenvolvemento da trazabilidade na cadea de valor para o seguimento e certificación da calidade e seguridade dos produtos.

Asemade solucións de automatización de procesos proporcionan a oportunidade de aumentar as taxas de produción, mellorar o rendemento e a sustentabilidade. En paralelo, é necesario a aplicación de tecnoloxías para analizar a información sobre a demanda de consumo, a experiencia do cliente para adaptar os propios procesos e produtos a esa demanda.