×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clúster Alimentario de Galicia, ICEX e Instituto Halal de Córdoba achegan aos empresarios galegos as claves da certificación Halal

O Clúster Alimentario de Galicia coa colaboración do Ministerio de Economía, ICEX e Instituto Halal organizan unha xornada sobre os alimentos Halal a cal permitiu a membros do sector alimentario de Galicia coñecer de primeira man os requisitos para poder certificarse.

En 2015, os musulmáns gastaron 1,1 billóns de dólares en alimentación e bebidas. Destes, 1 billón foi destinado por parte dos países membros da OIC a consumir alimentos Halal. Agárdase que nos próximos tres anos esta cifra sexa duplicada. Trátase, polo tanto, dun mercado totalmente en auxe onde os seus consumidores demandan cada vez máis a certificación Halal para estar plenamente seguros de que eses produtos compren coas garantías requiridas.

A xornada foi inaugurada por Roberto Alonso, Xerente do Clúster Alimentario de Galicia, dando a benvida aos asistentes e presentando aos participantes. O núcleo máis importante da conferencia foi levado a cabo por Tomás Guerero, Director da oficina de Madrid, Instituto Halal Córdoba e Muhammed Escudero, Director de Ceritificación do Instituto Halal. Asemade, Aurelio López, Director de Producción de Novafrigsa S.A, contou de primeira man a súa experiencia como empresa certificada Halal.

Sergio Pieto López, Director Territorial de Comercio e ICEX en Galicia foi o encargado de realizar a clausura do acto para dar paso a unha degustación de produtos Halal para os asistentes alí presentes.