×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clúster Alimentario de Galicia constitúe un novo PRIMEX en EE.UU. Galicia Food & Drink USA II

xuntanza previa de traballo

O Clúster Alimentario de Galicia, dando continuidade ao proxecto de implantación promocional en mercados exteriores, ven de constituir un novo PRIMEX en EE.UU. baixo o nome Galicia Food & Drink USA II, sumándose así aos xa existentes Galicia Food & Drink China e Galicia Food & Drink USA.

Neste eido o Proxecto, que ven a dar solución a demanda crecente de internacionalización por parte das empresas socias do Clúster, estará constituído por Cafés Candelas S.L., Mieles Anta S.L., Portomuíños S.L., Queixerías Prestes S.L. e Industrias de Panificación Campelos do Coto, S.L.

Sen dúbida será un novo punto de partida que permitirá aplicar a experiencia recollida nos proxectos de Galicia Food & Drink China e Galicia Food & Drink USA, xa operativos dende 2013 e 2014 respectivamente, así coma continuar na liña de expansión internacional do Clúster Alimentario de Galicia.

Os obxectivos volven a ser diversos: Desenvolver a visibilidade dos produtos alimentarios do clúster en USA, posicionando a marca Galicia no mercado norteamericano, estendendo a súa rede de contactos con institucións e medios de comunicación locais; analizar a información de mercado e desenvolver a intelixencia de negocio no mercado americano para as empresas; e apoiar as empresas participantes no desenvolvemento e consolidación do mercado, incrementando a súa presenza e reactividade no mercado, a través da extensión da rede de contactos comerciáis.