×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clúster Alimentario de Galicia celebra a súa asemblea anual ordinaria

O Clúster Alimentario de Galicia ven de celebrar hoxe a súa asemblea anual de socios no ámbito do II Foro Galicia Alimentación e III Premios Galicia Alimentación celebrados na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Neste evento o Presidente de Clusaga, Juan Vázquez Gancedo; o Vicepresidente, Juan José de la Cerda López e o Xerente, Roberto Alonso Ferro presentaron o balance do primeiro ano de execución do Plan Estratéxico 2016-2020 así como os plans de cara o futuro próximo.

O Plan Estratéxico do CLUSAGA 2016-2020 define uns obxectivos máis ambiciosos que o primeiro plan 2011-2015, e vén de obter a cualificación de excelencia por parte do Ministerio de Industria, Energía y Turismo, permitindo a súa inscrición no Registro Especial de Agrupaciones Empresariales Innovadoras (AEI). A redacción final inclúe os obxectivos, eixes, medidas e carteira de proxectos do período 2016-2020, xunto co orzamento previsto para posibilitar a súa implantación. Así coma a consolidación das estruturas de goberno e xestión e os mecanismos e indicadores de seguimento, avaliación e actualización do plan.

Por outra banda aprobáronse os novos socios do CLUSAGA, formando un total de 75 asociados, os cales se espera sigan medrando segundo as previsións establecidas no citado plan así como a visión xeral do sector da alimentación.

Tamén se deu paso para que os asociados puideran manifestar as súas impresións e inquietudes respecto a súa participación no clúster así como as actividades e servizos que dende o mesmo se están a realizar.