×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clúster Alimentario de Galicia apoia a comercialización dos produtos do mar de Galicia

Xornada do programa de formación no Centro Superior de Hostelería de Galicia

O Clúster Alimentario de Galicia presentou o programa do servizo de apoio á comercialización e promoción de produtos do mar centrado na mercadotecnia, no desenvolvemento comercial e na promoción dos produtos. Especializado en produtos alimentarios de orixe mariño, este servizo piloto está apoiado pola Consellería do Mar e polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca é coordinado polo Clúster Alimentario de Galicia.

O programa asemade conta coa colaboración de numerosas entidades en particular a Asociación Española de Codificación Comercial AECOC, CC Carrefour, Escola de Arte e Superior de Deseño EASD Mestre Mateo, ANFACO-CECOPESCA e o Centro Superior de Hostelería de Galicia CSHG.

Neste programa as empresas e organizacións participantes recibirán asesoramento e información para mellorar o coñecemento das necesidades e demandas específicas dos consumidores e as tendencias, a evolución da competencia e as oportunidades de mercado no seu segmento para a definición dunha estratexia de diferenciación e recomendacións para o deseño dun Plan Promocional de desenvolvemento comercial nos canais horeca e retail. Cunha titoría profesional para o asesoramento no desenvolvemento de ideas no deseño de concepto de produto, packaging e marca modernas que diferencien o seu produto no mercado.

O servizo consta dun programa de formación en estratexias de comercialización de distintos módulos: (1) Plan de desenvolvemento da canle HORECA, (2) Posicionamento e estratexia de marca, (3) Plan de desenvolvemento no gran consumo e activación do punto de venda na sección de produtos do mar. Así mesmo conta cun programa de asesoramento para o deseño de concepto para o desenvolvemento de produtos e packaging.

De xeito complementario elaboraranse e presentaranse o estudo de competencia e tendencias de consumo de produtos do mar e de boas prácticas de comercialización de produtos do mar que servirán de guía no desenvolvemento do programa.

O programa coordinado polo CLUSAGA desenvolverase ata o mes de decembro e conta con máis de quince empresas, organizacións e entidades participantes de diferentes elos da cadea de valor de produtos do mar.

album de fotos