×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clúster Alimentario de Galicia analiza dende o neuromarketing a experiencia dos clientes na restauración

consumidor co equipo de eyetracking durante a proba

O Clúster Alimentario de Galicia, na procura do desenvolvemento de proxectos singulares e estratéxicos de I+D+i en procesos, novos produtos e adaptación ás tendencias do consumo e ás demandas do consumidor, desenvolveu o proxecto para o estudo avanzado do consumo denominado Marketlab. Neste eido, con motivo da incorporación das novas tecnoloxías de eyetracking, o clúster en colaboración cos restaurantes de alta cociña Casa Marcelo e Quercus, realizou unha demostración da ferramenta de neuromarketing na que analizou a experiencia de consumo dun cliente cando acude a un restaurante.

¿Qué é o eyetracking?

A tecnoloxía eyetracking é o único método para medir obxectivamente a atención dos consumidores e as súas respostas espontáneas ante unha situación cotiá. Os resultados son obtidos a través de focos infravermellos inseridos nas gafas tecnolóxicas e que reflicten na córnea da persoa obxecto do estudo, seguindo o movemento do seu globo ocular e a retención da súa pupila nun punto concreto do campo de visión. A partir de ambos datos un software calcula ónde está focalizada a mirada en cada momento, os puntos de maior interese “subconsciente” e o patrón de visión.

Esta nova tecnoloxía ven de incorporala o CLUSAGA no seu proxecto Marketlab para achegar ao sector alimentario galego o coñecemento avanzado do consumidor coma unha ferramenta de vantaxe competitiva que a dia de hoxe so posúen as grandes multinacionais de consumo para o análise nas distintas canles de venta.

O CLUSAGA xa ven desenvolvendo para o sector estudos de comportamento de compra en supermercados, de calidade percibida e na análise de packaging ou da publicidade. Agora inicia os estudos de experiencia real de consumo en contornos complexos.

O estudo de consumo

Nesta liña o Clúster Alimentario de Galicia seleccionou os restaurantes Casa Marcelo e Quercus para o análise da experiencia de consumo dos produtos galegos na canle da restauración. En particular na alta restauración dun restaurante estrela Michelín onde os clientes valoran prioritariamente a súa experiencia en torno á comida.

Estudos como este axúdannos a entender cada vez mellor aos clientes para poder ofrecerlles os produtos que satisfagan as súas demandas. “Hai moito que aprender: por suposto, un restaurante visítase, sobre todo, para comer e beber; pero tamén conta, e ten un papel importante a priori, todo o que pasa entre medias: a imaxe da cociña, a interacción co persoal, a decoración,... e dicir a experiencia de consumo.”

Durante a visita, os clientes protagonistas do estudo debían levar as súas lentes eyetracking que permitían rexistrar todos os movementos e fixacións visuais. Os resultados foron analizados e representados, nunha segunda fase, en mapas de calor concentrados, fundamentalmente, en áreas distintas do restaurante: cociña, barra e comedor. O estudo demostrou como, en cuestión de 30 minutos, os clientes fixáronse en 3.000 puntos distintos en todo o restaurante.

A gran novidade que presenta este traballo é o estudo da relación entre os patróns visuais nun restaurante e o comportamento do consumidor. Neste senso, observamos na análise que a atención dos consumidores diríxese cara os cociñeiros, os fogóns e o instrumental empregado para a elaboración dos pratos. Tamén destacan os elementos dispostos nas barras, como as cartas.

No estudo os tres factores máis determinantes polo que os consumidores volverían ao restaurante, céntranse en innovación, divertimento (ambiente do propio restaurante) e a alta calidade da comida. Mais ao contrario no análise do comportamento subconsciente na mesa a atención céntrase na elaboración dos pratos na cociña aberta, na elaboración e presentación por parte dos cociñeiros e camareiros e nos ingredientes e compoñentes dos pratos máis que na entorno exterior ou elementos decorativos da propia mesa.

mapa de calor do estudo realizado en Casa Marcelo

Nova na prensa