×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clúster Alimentario de Galicia analiza as claves do marketing alimentario e da internacionalización

No marco do Programa do Foro Galicia Alimentación, o Cluster Alimentario de Galicia organizou hoxe en Santiago de Compostela, un novo coloquio xantar co relatorio de D. Enrique Aygües Morosoli sobre o tema da relación do marketing alimentario e a internacionalización.

Licenciado en Xestión Comercial e Marketing, ESIC: Business & Marketing School. Máster e-business, IDE, D. Enrique Aygües Morosoli , actualmente é director de exportacións e marketing do grupo Campofrío, asemade é socio e director xeral da empresa Agromarketing onde desempeña unha ampla labor como consultor de marketing. Como experto neste campo ten unha ampla experiencia no desenvolvemento de campañas de marketing moi exitosas, non só en Campofrío, senón tamén noutras empresas do sector da alimentación.

A introdución do relatorio foi realizada polo presidente do Clúster Alimentario Juan A. Vázquez Gancedo que agradeceu a presenza do señor Aygües e os demais participantes. Nesta ocasión, o representantes de varias das empresas socias do clúster puideron escoitar de primeira man as experiencias de Enrique Aygües. Asemade, ao remate da conferencia, todos os asistentes puideron compartir opinións, nun coloquio que permitiu por en común os diferentes puntos de vista e experiencias no eido do marketing alimentario, previa a conclusión da xornada que correu a cargo de Miguel Otero Simón, director do Master de Comercio exterior da USC e presidente da comisión de mercados.