×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O CLUSAGA participa nunha xuntanza coa Dirección Xeral de Industrias Alimentarias do MAPAMA

Hoxe o Cluster Alimentario de Galicia participou, a través do seu xerente, D. Roberto Alonso, nunha reunión co Director Xeral de Industrias Agroalimentarias do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente , D. Fernando Burgaz.

Un total de oito Clústers e Asociacións Autonómicas Agroalimentarias de España solicitaron ao Director Xeral , entre outros temas, unidade de mercado para que non existan diferenzas na Normativa aplicable entre as distintas Comunidades Autónomas, que xeran situacións de desigualdade nas empresas á hora de operar.

Os responsables do Clúster Alimentario de Galicia, o Clúster Agroalimentario de Navarra, a Asociación Empresarial de Industrias Alimentarias da Comunidade de Madrid, a Asociación da Industria Alimentaria de Castela e León, a Asociación de Industrias de Alimentación de Aragón, a Asociación Empresarial Alimentos de Andalucía, e o Clúster de Alimentación de Euskadi, a Federación Empresarial Agroalimentaria de la Comunidad Valenciana reclamaron así mesmo ao Sr. Burgaz unha estratexia común para combatelas alarmas alimentarias inxustificadas e os prexuízos que estas poden xerar nas empresas do Sector. Por parte do representante do Ministerio mostrouse espírito de colaboración e promoción de novos proxectos en común coas Organizacións Empresariais Autonómicas, principais valedoras e coñecedoras das necesidades das Pemes Españolas.