×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O CLUSAGA participa nos encontros sectoriais Union Europea - ASEAN e USA-Canada no marco da Expo Milano 2015

participación na Expo de Milán

O Clúster Alimentario de Galicia ven de participar en dous encontros sectorias especializados organizados pola European Enterprise Network celebrados na Expo de Milán: EU-ASEAN Cluster Matchmaking Event (Joint Cooperation to enhance business and investment opportunities), o pasado 29 e 30 de Setembro; así como o EU-US-Canada Cluster matchmaking Event (Eco-Efficient Management of Resources in Agro-Food Sector), o 5 e 6 de Outubro.

Dende o 1 de maio de 2015 ao 31 de outubro de 2015, Milán é a sede da EXPO Exposición Universal de 2015, cuxo tema central é Alimentar o Planeta, Enerxía para a Vida, un dos eventos mundiais máis esperados do ano, coa presenza de 145 países e da participación de 20 millóns de visitantes.

A Comisión Europea - Dirección Xeral do Mercado Interior, Industria, emprendedores e PEMEs aproveitou esta importante ocasión para organizar unha serie de eventos internacionais de alto nivel en Milán, onde os axentes do sector alimentario da UE tiveron a oportunidade de coñecer e discutir sobre novas oportunidades de cooperación con delegacións procedentes de terceiros países e rexións.

O primeiro matchmaking celebrado facilitou encontros coa delegación da Asociación de Nacions do Sudeste Asiático ASEAN: Camboya, Brunei, Indonesia, Filipinas, Singapur, Tailandia, Vietnam e Laos; co obxectivo de impulsar a colaboracións empresariais e de proxectos relacionados co sector alimentario. Os temas tratados versaron na seguridade e calidade alimentaria, innovación en produtos e as tecnoloxías aplicadas á produción.

O encontro coa delegación de Estados Unidos - Canadá, ofreceu a posibilidade de definir colaboracións, coa finalidade de impulsar o crecemento das PEMEs a través de oportunidades de acceso a mercados, a servizos e novos produtos. O foco de interese estivo centrado nas novas actualizacións relacionados con equipamentos e tecnoloxías de procesamento na xestión sostible e eficiente de recursos no Sector Agro- Alimentario.

Estes encontros permitiron á delegacion do cluster establecer novas relacións institucionais e coñecer de primeira man casos de éxito e identificar oportunidades para o futuro establecemento de colaboracións internacionais.