×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O CLUSAGA participa no terceiro workshop do proxecto europeo TITTAN celebrado en Holanda

O pasado 29 de maio celebrouse en Ámsterdam o terceiro taller do proxecto europeo TITTAN coa participación da responsable de CLUSAGA neste ámbito.

O proxecto 'TITTAN', siglas en inglés de 'Translation, Innovation & Techonology Transfer in Ageing Network', ten como finalidade o intercambio e implementación de sistemas tecnolóxicos no ámbito da saúde entre distintas rexións de europeas, centrado principalmente no envellecemento activo da poboación.

No proxecto participan organismos do ámbito da innovación en saúde de Alemaña, Escocia, Italia, País Vasco, Polonia, Holanda e Galicia, estando liderado na nosa comunidade pola Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) e no que colaboran outras entidades como o Clúster Alimentario de Galicia.

Na actualidade este proxecto está no terceiro semestre do seu desenvolvemento, abordando concretamente a segunda área temática do mesmo, na cal o principal obxectivo é a redución da diferencia entre a investigación e o mercado, mellorando a transferencia de datos do primeiro ao segundo.

Este taller de traballo permitiu un intercambio de Boas Prácticas para promover a innovación dende dentro do sistema de saúde ao exterior. Desta maneira, cada socio do proxecto TITTAN facilitará esta información aos membros asociados da súa rexión para que sexa máis doado a transferencia de coñecemento entre os distintos axentes rexionais. Ademais, os participantes do workshop puideron coñecer de primeira man novas iniciativas innovadoras desenvolvidas en Holanda: “A Lab” en Amsterdam y la “Senior Live Foundation” y el “Health Factory” en Almere, nas cales incorporouse a innovación e as novas tecnoloxías para promover un envellecemento activo e saudable dentro da poboación adulta.