×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O CLUSAGA participa na delegación europea no encontro de clusters UE-EEUU en Hannover

Matchmaking en Hannover Messe

Con máis de 140 reunións bilaterias entre clusters e organizacións de desenvolvemento económico e de I+D da Unión Europea e dos Estados Unidos, durante o Matchmaking Event, sentaron as bases da cooperacion entre ambas áreas xeográficas, de especial relevancia tras o Acordo de Cooperación en Política de Clusters da Unión Europea e Estados Unidos asinado en abril de 2015.

O UE-EE.UU Cluster Matchmaking Event organizado no marco da Hannover Messe os días 25 e 26 de abril de 2016 pola Comisión Europea, a DG de Mercado, Industria, Emprendemento e PEMEs, e polo Departamento de Comercio de Estados Unidos, e facilitado pola European Cluster Collaboration Platform (ECCP) en colaboración coa Enterprise Europe Network foi unha oportunidade real para os representantes de clusters da Unión Europea, entre os que estaba a representación do Clúster Alimentario de Galicia, de coñecer aos seus homólogos estadounidenses.

As sesións de encontros permitiron a Roberto Alonso, representante do CLUSAGA, participar en 14 encontros bilaterais con outros clusters coa finalidade de debater sobre as oportunidades de cooperación en I+D e de alianzas de negocios, e o intercambio de boas prácticas e coñecemento.

Seminario clusters in the EU and the USA: Opportunities for Collaboration and Growth

O Cluster Alimentario de Galicia tamén participou no seminario de alto nivel sobre políticas Clusters in the EU and the USA: Opportunities for Collaboration and Growth onde se analizaron os obxectivos comúns a acadar e experiencias na profundización na cooperación transatlántica.

O seminario foi inaugurado por Matthias Machnig, Secretario de Estado do Ministerio Federal de Economía, quen deu a benvida aos participantes á Feira de Hannover, onde EE.UU. foi o país asociado. Despois de ter subliñado o poder dos clústeres na súa contribución a transformar a imaxe e a competitividade das economías rexionais, manifestou a súa esperanza de que o evento impulse a colaboración de clusters entre a Unión Europea e os Estados Unidos.

O Subsecretario de Comercio dos EUUU, Bruce Andrews subliñou a importancia da innovación, afirmando que "para seguir crecendo hai que seguir innovando" e salientou o papel dos clusters para impulsar o proceso. Tamén manifestou que coa firma do acordo de colaboración dos clústeres da Unión Europea e Estados Unidos ábrese unha nova e prometedora colaboración transatlántica.

Elzbieta Bienkowska, Comisaria de Mercado e Industria, confirmou o apoio da Comisión Europea á colaboración entre os clusters, así coma as asociacións transatlánticas entre as organización de investigación e desenvolvemento e as PEMES, expresando que os clusters son unha grande oportunidade de cooperación entre a Unión Europea e os Estados Unidos.

Despois da presentación das boas prácticas e experiencias sobre a colaboración transatlántica de clústeres por varios grupos de expertos e representantes de empresas, foi presentado o US Cluster Map and Registry e o European Cluster Collaboration Platform.

Os poñentes responderon ás preguntas da audiencia nun debate que foi clausurado por Slawomir Tokarski, Director de Innovación e Fabricación Avanzada da DG GROWTH e Bryan Borlik, Director do Departamento de Desenvovlemento Económico dos EEUU, quenes subliñaron que se seguirá facilitando o intercambio de políticas e a creación de oportunidades para intensificar a cooperación clúster como parte da aplicación do EU-US Cluster Cooperation Arrangement.