×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clusaga participa en Vigo nunha nova reunión do proxecto Nutriage

O proxecto europeo Nutriage, que busca aumentar a calidade de vida das persoas de avanzada idade, celebrou a reunión da acción 2.1 en Vigo, nas instalacións de ANFACO-CECOPESCA.

Este proxecto conta cun orzamento total de 3,5 millóns de euros, dos cales o 75% son financiados pola Unión Europea ao abeiro do programa de cooperación interterritorial Interreg V 2014-2020 e no marco da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Os socios participantes nesta proposta son, por parte de Galicia: a Xunta, a Universidade de Santiago de Compostela, o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, o Clúster Alimentario de Galicia e o Centro Tecnolóxico Anfaco-Cecopesca. Por parte de Portugal, as entidades implicadas nesta acción son a Universidade Católica Portuguesa de Porto, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo, Portugal Foods e as Casas da Misericordia de Porto e Viana do Castelo.

O obxectivo do mesmo é, asegurar un envellecemento saudable a través da avaliación, estudo e deseño de estratexias nutricionais personalizadas fundamentadas sobre a alimentación tradicional atlántica e o desenvolvemento de novos produtos alimentarios que optimicen o estado nutricional das persoas maiores favorecendo a mellora da calidade de vida das persoas maiores a partir da nutrición, reforcen a sustentabilidade e eficiencia do sistema socio-sanitario e incentiven o crecemento e a xeración de novas oportunidades de negocio para a industria alimentaria.

Por parte do Clusaga participaron o seu Xerente, Roberto Alonso; técnicos da área de Innovación, Lara Rodríguez e Daniela Landeira, así como a responsable de Consumidor, Paula Álvarez. Ademais de aprobar a acta da xuntanza anterior, presentouse o plan de coordinación do proxecto entre os diferentes membrosasí como a actualización do calendario de reunións e entregables.