×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clusaga organizou unha nova reunión do consorcio do Proxecto INCluSilver na que participaron todos os seus socios

Santiago de Compostela foi a capital elixida polo Clúster Alimentario de Galicia para a celebración dunha nova reunión de traballo dentro do paquete establecido para o Proxecto INCluSilver a cal levouse a cabo o pasado 26 de Abril como previa ao Workshop sobre innovación en nutrición personalizada para a poboación sénior no marco do propio INCluSilver.

O proxecto Innovation in personalised Nutrition through Cluster cooperation in the Silver economy INCluSilver busca aproveitar as oportunidades relacionadas coa nutrición personalizada e a economía sénior, a través do reforzo da innovación en produtos e servizos de distintos sectores, orientada ao segmento poboacional de máis de 50 anos.

INCluSilver, está sendo desenvolvido por un consorcio de nove clústeres, liderados por Skane Food Innovation Network, de Suecia, e o Clúster Alimentario de Galicia, entre 2017 e 2020. Está financiado en 4.115.121 €, no Programa Europeo de desenvolvemento e innovación Horizonte 2020.O obxectivo xeral do Proxecto INCluSilver é apoiar a colaboración entre grupos de interese clave, en particular empresas, en distintos sectores que facilite o desenvolvemento de ideas innovadoras no ámbito da nutrición personalizada para a poboación sénior.

Por parte do Clusaga participaron neste grupo de traballo o seu Xerente, Roberto Alonso; a responsable de Proxectos Europeos, Ana Felgueiras; a técnica de Proxectos Europeos, Magdalena Kozak; e a responsable da Área de Innovación, Lara Álvarez.