×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clusaga organizou un workshop sobre tendencias en produtos lácteos

CLUSAGA celebrou unha xornada de traballo o pasado 21 de setembro en Santiago de Compostela onde se deu a coñecer as últimas tendencias e novidades a diferentes niveis do sector lácteo, presentando ademais un estudo sectorial de tendencias globais en produtos lácteos.

Ao evento acudiron profesionais das empresas socias que traballan neste eido, así como outros membros do sector interesados en coñecer mais acerca deste ámbito de estudo. Para dar a coñecer estes resultados, o Clúster Alimentario de Galicia desenvolve o proxecto insight market co fin de prover aos seu socios de ferramentas de intelixencia competitiva que permitan coñecer información estratéxica e adaptarse ás tendencias máis recentes do mercado global dos alimentos e das bebidas. Sendo así capaces de adaptarse ao escenario mundial cambiante, detectando as oportunidades que xorden nel así como esquivando as posibles ameazas que poden representar un problema nos modelos de negocio.

O workshop deu comezo tomando a palabra Alba Montoiro, a técnico de proxectos internacionais, especialista nas tendencias de alimentación dos mercados estranxeiros, facendo énfase nos principais produtos do sector segundo as diversas rexións continentais. Karolina Iwanowicz, técnico de innovación e marketing, explicou as principais tendencias en leites e bebidas lácteas, iogures, e queixos así como as estratexias de posicionamento e mercadotecnia que utiliza a competencia.

Ao finalizar os asistentes foro obsequiados cunha revista de tendencias en produtos lácteos elaborada pola unidade técnica do Clusaga. Asemade tamén puideron asistir á conferencia posterior do profesor John Stanton.