×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clusaga expón o seu proxecto MarketLab no DICO Summit 2017

O evento DICO Summit 2017, celebrouse o 24 e o 25 de xaneiro en Santiago de Compostela co obxectivo de avanzar para converterse nunha potencia de contidos dixitais. Tratáronse varios temas dende o papel que van desempeñar as operadoras e as plataformas de distribución ata unha achega de múltiples facetas e puntos de vista á pegada dos contidos en diferentes sectores produtivos.

O 25 de xaneiro tivo lugar a presentación de diferentes casos de éxito para visualizar o impacto dos contidos dixitais e as tecnoloxías relacionadas. Deste xeito, representantes de diversos sectores económicos galegos presentaron casos de éxito e boas prácticas.

O Cluster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) expuxo o seu proxecto MarketLab, unha infraestrutura de innovación aberta enfocada en analizar os factores que inflúen na compra do consumidor actual na contorno da intelixencia competitiva.

Por outra banda, Queres Tecnoloxía expuxo ferramentas de información masiva (Big Data) aplicadas á interoperabilidade sanitaria para mellorar a atención ao paciente. Ademais, o Cluster Téxtil Moda (COINTEGA) presentou SIMSS, unha plataforma que permite ás empresas do sector da moda xestionar de forma máis eficiente os seus procesos internos.

A intención das entidades organizadores de DICO (AMTEGA, Clúster TIC de Galicia e CLAG) era amosar “que a nova economía tamén é dixital”.