×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clusaga e Sergas organizon a conferencia: Envellecemento activo e saudable no século XXI, impartido por Alexandre Kalache

Clusaga e Sergas organizaron a conferencia: Envellecemento activo e saudable no século XXI, impartido por Alexandre Kalache, Presidente do Centro Internacional de Longevidad-Brasil, experto de talla mundial en cuestións de lonxevidade.

O doutor Kalache é un dos pais do concepto de envellecemento activo e está detrás do proxecto de cidades amigables. Os seus coñecementos sobre poboación sénior e nutrición, son chave para acadar os resultados definidos no proxecto INCluSilver que será presentado no prólogo da conferencia.

A inauguración foi realizada por D. Jesús Vázquez Almuíña. Conselleiro de Sanidade; D. Juan José de la Cerda López-Baspino, Vicepresidente do Clúster Alimentario de Galicia; e D. Andrés Paz-Ares Rodríguez, Director Xeral de Saúde Pública, os cales deron a benvida aos asistentes.

Antes da conferencia realizouse un prólogo no que se presentaron as primeiras convocatorias do proxecto de innovación en nutrición sénior, Inclusilver. Este foi levado a cabo por Ana Felgueiras, técnico de proxectos europeos do Clúster Alimentario de Galicia

Posteriormente D. Jorge Suanzes Hernández, Subdirector Xeral de programas de fomento de estilos de vida saudables - Dirección Xeral de Saúde Pública, presentou o perfil académico e profesional do doutor Kalache, para así dar paso a súa conferencia sobre formas de vida activas e saudables para persoas maiores de 50 anos, ademais das súas posturas sobre dar maior protagonismo á poboación sénior, tendo maior autonomía en como e onde querer vivir, que asemade sexan conscientes dos seus dereitos, con maiores oportunidades para acceder aos servicios cos rodean. Segundo Kalache o mundo aínda non está preparado para asumir que a sociedade actual ten unha maior esperanza de vida, fomentando que o número de persoas maiores sexa moito máis elevado que antano.