×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clusaga e Clúster TIC unen forzas para organizar unha xornada business-to-business entre empresas dos dous sectores

O Cluster Alimentario de Galicia e o Clúster TIC Galicia organizaron o pasado 6 de Marzo na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela un encontro dos sectores TIC e Alimentariode Galicia no eido da dixitalización.

O evento desenvolveuse da man dos dous clusters coa idea da posta en marcha de proxectos de dixitalización en Galicia, co punto principal de unir forzas e crear sinerxias entre os dous sectores. Este encontro serviu para que as diferentes empresas agroalimentarias e tic mantivesen contacto entre elas, con pequenas reunións nas que establecer os primeiros pasos para futuras colaboracións no desenvolvemento de proxectos innovadores.

Os alí presentes recibiron a benvida por parte de Roberto Pérez, Xerente do Clúster TIC e Alejandro García, técnico do Clusaga, os cales agradeceron a todas as empresas a súa participación e invitaroná realización de proxectos comúns entre eles así como a través dos clústers de forma cooperativa.

Despois da sucesivas reunións entre os membros participantes das empresas do dous sectores, Fany Suarez, técnico do IGAPE, explicou a subvención existente deste organismo no ámbito de obradoiros e proxectos de dixitalización.