×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O CLUSAGA desenvolve un workshop centrado nas axudas e instrumentos para a internacionalización

poñentes da xornada de internacionalización

O Clúster Alimentario de Galicia ven de levar a cabo en Santiago de Compostela un workshop centrado nas axudas e instrumentos para a internacionalización do sector alimentario postas en marcha polos organismos IGAPE e ICEX, e no que acudiron preto de medio centenar de empresas galegas do sector interesadas en ampliar os seus mercados.

O obxectivo desta xornada foi achegar ás PEMES as axudas públicas dispoñibles cara á internacionalización empresarial do 2016, coñecer os apoios para a tramitación de axudas e as ferramentas para a elaboración dun plan de internacionalización, así como mostrar os casos de éxito de proxectos de internacionalización.

A comisión de mercados

Na primeira parte da xornada tivo lugar a xuntanza da Comisión de mercados e internacionalización onde se realizou o balance das actuacións levadas a cabo no 2015 no eido da temática, así como unha primeira prospección das proxectadas para o 2016 en paralelo as previstas no marco do novo Plan Estratéxico 2020, ademais de presentar os servizos do clúster de apoio á internacionalización. Previamente tiveron lugar as xuntanza dos consorcios de internacionalización Primex China e USA do Clusaga que a súa vez programaron as actuacións para a nova anualidade.

O workshop

En canto ao workshop de axudas e apoios á internacionalización, interviñeron Abel Veiga Copo, director de Internacionalización do IGAPE, que presentou as axudas do IGAPE (Galicia EXPORTA); Javier Tena García, director Territorial de Galicia de Comercio e ICEX, que tratou os apoios do ICEX á internacionalización; e Miguel Otero Simón (USC), presidente da Comisión de mercados e internacionalización, que analizou as ferramentas para elaborar un plan de internacionalización. Pola súa banda a clausura foi levada a cabo por Juan Vázquez Gancedo (Bodegas Martín Códax), presidente do CLUSAGA. En paralelo as empresas participantes puideron realizar reunións individuais para trasladar directamente consultas ao IGAPE e ao ICEX sobre os diferentes apoios á internacionalización.