×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O CLUSAGA constitúe xunto con ACIS-SERGAS un foro de traballo en alimentación e saúde

asistentes ao foro de traballo

O 18 de marzo tivo lugar na Sede da Axencia de Coñecemento en Saúde unha xornada de traballo no eido da alimentación e saúde organizada polo Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), a Dirección Xeral de Saúde Pública e Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) e coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN).

Na mesa de traballo participaron unha delegación de directivos de empresas da xunta directiva do clúster, asi coma unha representación das fundacións biomédicas galegas e centros de investigación en alimentación, así coma investigadores destacados nos eidos da saúde e da alimentación.

A xornada, que foi presidida por Sonia Martínez Arca, Directora Xeral de Saúde Pública e Innovación, tiña coma obxectivos definir ferramentas para dinamizar a colaboración e o intercambio de coñecementos entre empresas do sector alimentario e grupos de investigación en saúde, avaliar fórmulas para incentivar a compra pública innovadora en alimentación orientada á saúde e o financiamento de proxectos colaborativos e, por último, avaliar o establecemento dunha rede estable de colaboración.

No eido da saúde e alimentación a mesa de traballo centrouse en analizar as liñas de investigación comúns para a mellora de perfís nutricionais dos alimentos e o desenvolvemento de alimentos funcionais que melloren o estado de saúde da poboación nas diferentes etapas da vida, así coma os mecanismos para a promoción do consumo de alimentos mais saudables na dieta.

As conclusións da xornada serán analizadas polo grupo organizador coa finalidade de establecer as liñas de actuación colaborativas en alimentación e saúde no ámbito dun foro permanente de coooperación.