×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clusaga asiste ao evento de Networking e Formación en Innovación en Budapest

O evento de networking e formación en innovación(ITNE) forma parte do proxecto INCluSilver e celebrouse o pasado 15 de novembro na cidade de Budapest. Participaron diversas empresas pertencentes a algún dos países que forman parte do consorcio (Hungía, Grecia, Reino Unido, España, Suecia, Italia, e Irlanda).

As empresas españolas participantes en dito evento foron: TasteLab S.L., Porto-Muiños S.L., Freshcut S.L., Bioinicia S.L. e Dietary Molecular Diagnostics S.L., sendo as tres primeiras asociadas do clúster.

Os eventos de ITNE son parte do cheque de idea innovadora de Inclusilver e o seu obxectivo é axudar coa maduración de ideas e proxectos relevantes dentro da nutrición personalizada para a poboación senior. Tamén brinda a oportunidade de coñecer persoas afíns de tódolos sectores e cunha ampla variedade de experiencia no ámbito, así como crear alianzas en toda a UE.

Dito evento comezou as 9:00 da mañá e finalizou aproximadamente as 17:00, e estivo cheo de ponentes, matchmaking e reunións bilaterais que creaban moitas oportunidades para discutir novas ideas e intercambiar consellos.

Durante a sesión de formación, os participantes puideron aumentar o coñecemento sobre a nutrición personalizada grazas aos seguintes expertos:

Magnus Lagnevik (SFIN) – Obxectivos, resultados e oportunidades de INCluSilver.

Helen Griffiths (Universidade de Surrey) - Requisitos nutricionais, eleccións e saúde en persoas maiores

Zsuzsanna Szucs - Nutrición na idade avanzada – recomendacións e desafíos

Claudia Laricchia - Sostenibilidade alimentaria: o papel da innovación

Durante a sesión de networking, os participantes puideron encontrar un socio para desenvolver un proxecto conxunto dentro do marco do proxecto INCluSilver, así como definir tódalas características das ideas innovadoras.

O ITNE foi gratuíto e as PEMEs seleccionadas puideron cubrir os seus gastos de viaxe e aloxamento co proxecto INCluSilver a través do cheque “Ideas Innovadoras”.