×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O Clusaga asiste á conferencia GROWyourREGIOn: Boosting smart interregional collaboration through clusters

O evento contou coa participación de máis de 300 representantes de entidades rexionais que xestionan fondos FEDER e proxectos INTERREG, empresas e clústeres involucrados en proxectos europeos para discutir novas formas de impulsar a colaboración interrexional intelixente para avanzar en dirección para lograr máis “Silicon Valleys” europeos e conexións entre cadeas de valor que beneficien rexións e cidades europeas.

A conferencia foi inaugurada por Ximo Puig, presidente da Comunidade Valenciana, e interviñeron Antti Peltomaki, director xeneral adxunto de Mercado Interior, Industria, Emprendemento e Pemes e Peter Berkowitz, xefe da Unidade de Crecemento Intelixente e Sustentable da Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea.

6 poñentes de diferentes servizos da Comisión, que se ocupan das políticas industriais, rexionais, de investigación e dixitais e do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía, presentaron as leccións aprendidas e as súas perspectivas sobre a próxima xeración de iniciativas da UE. Isto complementouse cos puntos de vista dos oradores e participantes que representaban aos ministerios e autoridades rexionais e nacionais, así como aos xerentes de clústeres e outros profesionais. Os participantes acordaron que aínda hai traballo por facer para impulsar unha colaboración interrexional máis intelixente e discutiron as boas e malas prácticas nunha discusión grupal interactiva durante o evento.

Anteriormente a este evento houbo unha reunión organizada pola Comisión Europea cos coordinadores de todos os proxectos da convocatoria “H2020 - INNOSUP 1 Cluster facilitated projects for new industrial value chains” de 2015 e 2016. Ana Felgueiras, responsable de proxectos europeos do Clúster Alimentario, presentou o proxecto INCluSilver, intercambiado coñecementos cos demais coordinadores de proxecto, e proporcionado retroalimentación á Comisión Europea para o lanzamento das próximas convocatorias. A Comisión Europea informou dos grandes trazos do marco político para os clústeres.

Outros proxectos representados na reunión foron: CROS4HEALTH, IMPACT CONNECTED CAR, INNOLABS, ACTIVATE, KATANA, NEPTUNE, PERMIDES, SUPERBIO.