×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O CLUSAGA analiza en colaboración con AECOC e Eroski o panorama actual da gran distribución

asistentes ao workshop

Estar presentes e manterse nos lineais é un reto para os fabricantes. Por iso mellorar o coñecemento dos clientes e as claves da venda no grande consumo, detectando oportunidades en colaboración coa grande distribución permite mellorar o posicionamento no canal cara o consumidor.

Nesta liña, hoxe o Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) en colaboración coa Asociación Española de Codificación Comercial (AECOC) organizou a primeira xornada sobre o panorama actual da grande distribución, centrado nos supermercados do grupo Eroski, enmarcado no ciclo de workshops sobre o panorama e as claves de futuro da gran distribución. A xornada, que tivo lugar nas instalacións do clúster, contou coa participación de representantes de varias empresas asociadas do sector da alimentación e das bebidas.

O grupo Eroski

Grupo Eroski é unha empresa cooperativa española de distribución con sede en Elorrio, Biscaia, conta con ao redor de 1.600 establecementos de diferentes marcas. En Galicia Vegalsa-Eroski está participada ao 50% pola familia de Vegonsa e Eroski. Posúe as insignias Eroski Center, Eroski City, Autoservicios Familia, Cash Record e Aliprox.

A xornada

Os obxectivos da xornada foron coñecer o contexto actual do sector da grande distribución española, a análise das principais motivacións e tendencias do shopper de Eroski e entender cales son as prioridades comercias da gran distribución e no caso de Eroski, tanto en central coma nos supermercados.

Nesta liña a xornada permitiu analiza as principais cifras, prioridades do sector e e tendencias de compra, así como traballar de maneira eficiente coa gran distribución.

A xornada contou coa intervención de expertos coma Daniel Villalobos, responsable de proxectos e servizos de Aecoc; Jorge Eiroa, director de compras de Vegalsa- Eroski e Amadeo Rodríguez, responsable de compras da gama rexional de Vegalsa- Eroski, así coma a participación de directores comercias e de mercadotecnia dalgunhas das máis destacadas empresas alimentarias e de bebidas galegas.