×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
O CLUSAGA achégase ao modelo de emprendemento e innovación israelí

A representación estivo encabeza polo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo e o Conselleiro de Economía, Francisco Conde, os cales destacaron a importancia dos procesos de emprendemento e innovación na procura dun mellor tecido produtivo. Neste ámbito, Israel é un modelo a analizar para sacar conclusións e estratexias óptimas de cara a obter coñecemento, recursos e alianzas empresariais.

Por parte do Clúster Alimentario de Galicia e en representación, estivo presente o seu Xerente, Roberto Alonso, que incidiu na oportunidade que supón para o clúster coñecer as principais novidades dos sectores máis punteiros, así como contactar con investidores e empresas que poderán colaborar no futuro proxecto de Bussines Factory Food, que o clúster está deseñando en colaboración con outras organizacións e a Xunta de Galicia, para impulsar o emprendemento innovador no sector alimentario de Galicia e atraer inversións a novos proxectos empresarias que melloren a competitividade do sector alimentario galego.

OurCrowd Global Investor Summit

A delegación mantivo unha axenda de encontros durante dous dias e participou no foro internacional de investimento e emprendemento innovador oOurCrowd Global Investor Summit 2018, unha cita de referencia mundial no ámbito do capital risco, onde se dan cita investidores de todo o mundo e startups. O obxectivo foi atraer potencias inversións, colaboracións e alianzas estratéxicas para Galicia. Neste evento participaron más de 10.000 persoas procedentes de 80 países e unhas 100 start ups presentaron proxectos de innovación.