×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
New Frontiers in Food acelerará a internacionalización das PEMEs galegas máis innovadoras

O Cluster Alimentario de Galicia, xunto con outros catro clusters europeos, ven de presentar hoxe en Bruxelas o proxecto europeo New Frontiers in Food NF4, no marco do Clusters Go International Partnering Event 2018.

O proxecto é un acelerador de internacionalización para as PEMEs alimentarias innovadoras, impulsado por unha alianza de cinco clusters Clusaga (España), Food Valley (Holanda), Valorial (Francia), Vitagora (Francia) e Wagralim (Bélxica) e que será financiado no programa europeo COSME ata o fin de 2019.

O obxectivo xeral deste proxecto é o desenvolvemento operativo da estratexia de internacionalización conxunta definida pola alianza de clusters, unha estratexia intelixente baseada nunha combinación de varias especialidades interconectadas.

O foco do NF4 son as PEMEs da industria alimentaria. New Frontiers in Food proporcionará un paquete completo de servizos de aceleración e asistencia baixo demanda, co obxectivo de impulsar a colaboración internacional e o desenvolvemento comercial dun grupo de pemes alimentarias europeas dentro de catro mercados obxectivo cos que o consorcio xa está fortemente conectado: Canadá, Brasil, China e Estados Unidos.

Clusters Go International Partnering Event 2018

No evento a DG GROW da Comisión Europea lanzou oficialmente as 23 Agrupacións Estratéxicas de Clusters para a Internacionalizacion (ESCP-4i), das que forma parte o NF4, no marco do Segundo Día Europeo da Industria , un importante evento que reuniu as alianzas de clusters para compartir experiencias sobre a mellora da internacionalización das PEME.

En xeral, esta iniciativa permitirá aos clusters en Europa desenvolver unha visión estratéxica europea e traballar de forma concreta compartindo recursos e coñecementos para dirixir os mercados internacionais de forma conxunta e impulsar o acceso das PEME ás cadeas de valores globais.

O evento incluiu á cerimonia oficial de lanzamento das 23 novas agrupacións de clusters da UE. Todas estas recibiron a etiqueta de "European Strategic Cluster Partnership for Going International" polo director xeral adxunto DG GROW, Antti Peltomäki, da Comisión Europea, que emprazou aos representantes das Agrupacións de Clústers para traballar nunha axenda de cooperación conxunta coa pretensión de apoiar a internacionalización dos seus membros. A continuación foi seguida por unha presentación de Christophe Guichard, líder do equipo de Cluster Internationalization da DG GROW, destacando as características dos novos proxectos e establecendo unha visión para as novas agrupacións.