×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Martín Codax acolle unha nova xuntanza da directiva do Clúster Alimentario de Galicia

O Clusaga celebrou o pasado 12 de decembro unha reunión da súa Xunta Directiva para facer un balance do ano que remata e visualizar as expectativas de futuro.

O evento tivo lugar na sede central das Bodegas Martín Codax, onde o seu director Juan Vázquez Gancedo, asemade Presidente do Clúster Alimentario de Galicia, fixo de anfitrión dos asistentes. Tamén estiveron presentes na reunión membros da unidade técnica do Clusaga, liderados polo seu Xerente, Roberto Alonso.

Durante a xuntanza os membros da xunta directiva aprobaron os puntos acordados na anterior reunión de xuño e debateron sobre a posibilidade de modificación de algúns capítulos dos estatutos. Os membros do equipo técnico elaboraron un informe de actuacións do ano 2017 onde se destacaron as principais medidas dos eixes centrais do Plan Estratéxico 2016-2020.

Por outra banda presentáronse as contas provisionais do ano 2017, o orzamento do 2018, e aprobáronse novas altas e baixas entre os asociados do clúster.

De cara ao futuro 2018 establecéronse puntos en común que se desenvolverán nas vindeiras semanas, destacando proxectos colaborativos de comercialización e distribución así como outros de gran calado como Bussines Factory Food e INCluSilver.

Para rematar levouse a cabo un xantar de traballo entre tódolos alí presentes. Asemade, os participantes puideron visitar a bodega e coñecer de primeira man a elaboración das bebidas de Martín Codax.