×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Maior participación na segunda xornada do Ciclo de Workshops: Programa e Claves no Gran Consumo

O pasado 23 de febreiro 2018 levouse a cabo a segunda xornada do Ciclo de Workshops: Programa e Claves no Gran Consumo organizado polo Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) en colaboración coa Asociación Española de Codificación Comercial (AECOC).

Neste ciclo estanse dando a coñecer as últimas tendencias e novidades a diferentes niveis: comprender as motivacións do consumidor na compra de produtos saudables, coñecer as claves da innovación e o surtido na grande distribución actual e definir unha estratexia promocional efectiva no punto de venda.

A segunda xornada estivo centrada no surtido e a innovación na gran distribución e foi presentada por Natalia Marcó, Responsable de Shopper Marketing – AECOC e Ana Ejarque, responsable de Shopper Marketing – AECOC. A primeira parte enfocouse nos aspectos claves do surtido destacando a importancia da innovación neste aspecto. Tras un descanso fíxose especial atención na xestión do surtido eficiente e no proceso de optimización, rematando cunha práctica onde poñer en valor os aspectos teóricos adquiridos.

O coñecemento das motivacións de consumo e a mellora da eficiencia nos plans de actividade promocional no punto de venda é imprescindible para identificar novas oportunidades, responder as necesidades do comprador, diferenciarse e incrementar as vendas na gran distribución.