×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, mobilidade con combustibles alternativos e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industrial e servizos.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións:

a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector servizos ou da industria.

b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidor de enerxía e que o obxecto destes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo deben estar situados en Galicia.

Conceptos subvencionables

1. Auditorías enerxéticas.

2. Mobilidade con combustibles alternativos.

3. Implantación de sistemas de xestión certificados.

4. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética.

Contía da axuda

A contía da subvención será do 30 % do custo elixible da nova instalación, cun máximo de 200.000 euros por proxecto. No caso de axudas concedidas a pequenas e medianas empresas, a intensidade de axuda incrementarase en 10 puntos porcentuais, até o 40 % do custo elixible.

No caso de axudas a elaboración de auditorías enerxéticas, a intensidade de axuda será do 50 % do custo elixible.

Prazo de presentación

O prazo de presentación de solicitudes será de 45 días naturais, contados desde o 15 de xaneiro de 2016.

Referencia Lexislativa

Resolución do 29 de decembro do 2015 (BOE nº 313 do 31/12/2015) – Bases reguladoras e convocatoria.

Máis información

Instituto Enerxético de Galicia. Rúa Avelino Pousa Antelo, 5 Santiago de Compostela. Tel. 981 541 538 ou na seguinte hiperligazón.

Convocatoria