×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Os profundos cambios que se están producindo nos hábitos de vida da sociedade actual maniféstanse de maneira moi evidente no consumo de alimentos, sobre todo no que se realiza fóra do fogar. Os consumidores cada vez utilizan máis os servizos dalgúns dos establecementos baixo a denominación de HORECA (Hostalaría, Restauración e Catering). Estes consumidores, cambiaron, teñen outros hábitos e preocupacións, en particular a saúde, están permanentemente conectados e buscan novas experiencias. Polo tanto a industria alimentaria debe de adaptar a comercialización dos seus produtos, precisando dunha estratexia de comercialización innovadora adaptada ás características e á evolución destes novos consumidores.

Neste marco, o Clúster Alimentario de Galicia vén de elaborar o informe de tendencias globais de alimentación e bebidas na canle HORECA 2016 agrupadas en cinco principais bloques: a orixe, auténtica e artesanal; natural e sostible; a saúde nos menús; os drivers de consumo: a novidade, a autenticidade, conveniencia e o novo consumidor.

Informe de Global de tendencias alimentos e bebidas na canle HORECA 2016