×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Importadores de Reino Unido e Irlanda coñecen o sector alimentario galego nunha misión comercial

Os días 5,6 e 7 de abril, o Cluster Alimentario de Galicia, en colaboración co IGAPE , organizou unha misión comercial inversa na que participaron importadores de Reino Unido e Irlanda. As empresas alimentarias galegas tiveron a oportunidade de dar a coñecer os seus produtos para continuar ou comezar a exportar no mercado británico e irlandés.

O mercado de Reino Unido e Irlanda

Reino Unido é a quinta economía máis grande do mundo e a segunda da UE, despois de Alemaña. Nos últimos anos vense producindo un reforzamento das relacións comerciais entre España e Reino Unido. No ano 2016 o Reino Unido foi o cuarto destino das exportacións españolas. En canto importacións, Reino Unido foi o séptimo país de orixe do total das nosas importacións. O sector agroalimentario é un dos estratéxicos para as exportacións españolas no país anglosaxón, destacando , por exemplo, os produtos frescos ou o aceite de oliva.

Irlanda é unha pequena economía pero moi aberta ao exterior. En 2015 España ocupou, segundo o ICEX, a posición número 12 dos países proveedores a Irlanda. O total das importacións irlandesas ó noso país foron de 1432,7 millóns de euros, dos que o 12,73% foron produtos alimentarios e bebidas. No sector agroalimentario, España ocupa un papel destacado como subministrador de froitas e hortalizas. Tamén ofrece oportunidades nalgúns nichos de mercado como o dos produtos gourmet e o viño.

A misión comercial

Durante a misión, combináronse visitas a fábricas e empresas de alimentación con encontros individuais entre os compradores e as empresas galegas, que tiveron lugar en Santiago de Compostela.

Estas accións permitiron que se puxeran en contacto con empresas do sector cárnico, panadaría, produtos do mar, café,mel, viño e licores, entre outros. Ademais tiveron a oportunidade de degustar variedade de alimentos, comprobando por eles mesmos a calidade, orixe e elaboración dos nosos produtos.