×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Importadores belgas coñecen nunha misión os viños das principais denominacións de Galicia

participantes durante a misión nunha visita

O Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) organizou dentro do seu programa Meet the Buyer, e co apoio do IGAPE e colaboración do ICEX España, a visita á comunidade dunha delegación de cinco importadores belgas especializados no sector vitivinícola. O obxectivo foi estreitar as relacións comerciais entre as empresas galegas e os distribuidores destes mercados para impulsar as exportacións dos viños galegos tal e como se veu desenvolvendo nas pasadas edicións.

O mercado do viño en Bélxica

O mercado belga segue sendo moi interesante para os viños españois, xa que a poboación presenta cada vez maior interese polo mundo do viño. O coñecemento en materia vitivinícola creceu nos últimos anos así coma o gasto neste tipo de produto. Non en tanto, é preciso considerar a enorme madurez do mercado na actualidade.

Con todo, a demanda de viño segue crecendo constantemente, mostrando unhas cifras moi positivas de ano en ano, aínda que sen chegar a desbancar á cervexa como produto estrela do país. Doutra banda, os licores e as bebidas non alcohólicas están a ter cada vez mellor aceptación por parte dos consumidores.

A misión comercial

A misión estaba integrada por un selecto grupo de compradores do sector das bebidas belga coa presenza de cinco importadores moi diferenciados tales como Melovinja, Quali Vino, El vino, Vinotrade o Armand’s Vineyard. A estadía desenvolveuse durante tres xornadas dende o 28 ata o 30 de xuño, coas visitas a algunhas das principais adegas de Galicia situadas en catro zonas de produción de referencia do sector vitivinícola: Ribeira Sacra, Rías Baixas, Valdeorras e Ribeiro.

Deste xeito os compradores puideron achegarse ao modo de produción e contido das diferentes zonas, así coma participar en demostracións e catas descubrindo os viños, complementado a axenda de reunións comerciais.