×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia, convoca a II Edición dos Premios Galicia Alimentación co fin de incentivar a promoción dos produtos alimentarios e bebidas galegas, os proxectos e as empresas e institucións relacionadas, mellorar a súa imaxe e posición de forma que adquiran unha importancia relevante tanto dentro do sector alimentario, como da sociedade en xeral.

Bases

Obxectivos

Estimular aos diferentes elementos da cadea alimentaria na produción, transformación, distribución, utilización, coñecemento e consumo destes alimentos, así como, recoñecer o seu esforzo comercial, innovador, de desenvolvemento sustentable.

Valorar a traxectoria empresarial ou asociativa, a transferencia de coñecementos tecnolóxicos e I+D nos produtos, así como nos procesos, que melloren a calidade de vida dos consumidores e a relevancia socioeconómica, o impacto internacional ou o carácter innovador dos mesmos.

Modalidades

Na segunda edición premiaranse tres categorías:

  • Premio Galicia alimentación ao produto innovador do ano: Dirixido a situar o sector alimentario galego como provedor de produtos alimentarios seguros, funcionais e de calidade diferenciada a través do desenvolvemento de novos produtos caracterizados pola súa innovación, o seu potencial comercial, o seu deseño, a súa posibilidade de agregar valor aos produtos galegos e en particular a adaptación ás demandas do consumidor, con especial atención á relación entre nutrición e saúde.
  • Premio Galicia alimentación ao proxecto empresarial do ano: Proxecto innovador ou empresa de especial relevancia, destacada ou singular que se caracterice pola súa innovación en organización, produción e/ou modelo de negocio, que desenvolvan produtos ou servizos innovadores no ámbito da alimentación e as bebidas, así como destacada polo seu carácter emprendedor e/ou a súa estratexia de mercadotecnia mercado, a visión estratéxica de futuro e orientación ao consumidor. Ademais, poderán ter cabida as institucións e organizacións que se distingan polo seu labor en favor do apoio ás iniciativas empresariais, o emprendimiento e a innovación no sector.
  • Premio Galicia alimentación á internacionalización: Dirixido a galardoar o esforzo de empresas e institucións alimentarias para acceder, desenvolver e consolidar a súa posición no mercado internacional. Valorarase a innovación na estratexia de internacionalización, a evolución e dinamismo das exportacións e investimentos exteriores, a traxectoria e o traballo desenvolvido por empresas e institucións situadas fóra e dentro de España que se distingan polo seu labor a favor da promoción da calidade, a imaxe dos produtos alimentarios e bebidas galegas no exterior actuando así, como verdadeiros embaixadores dos alimentos de Galicia.

Presentación de candidaturas

Deberá presentarse o formulario de candidatura anexo. Unha vez cumprimentado, debe enviarse por correo electrónico a info@clusaga.org. O prazo de presentación de candidaturas estará aberto dende o 6 de abril de 2016 ata o 6 de maio de 2016 ás 24:00 horas. Os criterios de valoración para cada premio aparecen reflexados nas bases dos premios.

Inscrición

Xurado

Os Premios fallaranse por un único Xurado integrado pola Presidencia do Clúster Alimentario de Galicia e delegación da Xunta Directiva, Consellería do Medio Rural e do Mar, Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, IGAPE; Dirección da Axencia Galega de Innovación, GAIN; Dirección da Axencia Galega para a Xestión de Coñecemento en Saúde, ACIS; representantes das universidades e centros de coñecemento galegos; representantes dos premiados na I Edición e representantes dos patrocinadores.

Entrega dos premios

A entrega dos premios realizarase nunha cerimonia celebrada en Santiago de Compostela nun acto público do sector alimentario. Os premios consistirán nunha escultura e un diploma acreditativo, ademais valorarase na categoría de proxecto empresarial, no caso de empresa de nova creación, a pertenza ao CLUSAGA durante un ano. O Clúster Alimentario de Galicia contará coa colaboración de quen reciban os galardóns nas accións de promoción que desenvolva.

Patrocinadores

As entidades patrocinadoras da II Edición dos Premios Galicia Alimentación poden adscribirse ata o 7 de maio de 2016, atopándose no catálogo anexo as condicións e beneficios do patrocinio.

Patrocinio

Mais información

Para máis información pode contactar en info@clusaga.org ou no telefono 981 556 062

Colaboradores

Patrocinadores

Outras entidades colaboradoras