×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Finalidade / Obxectivo

Fomentar a aparición de proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores para a ampliación do seu novo establecemento.

Tipos de apoio

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciais

As pequenas e medianas empresas que cumpran as seguintes condicións:

a) Composición do capital, no caso de sociedades mercantís:

  • O seu capital terá que atoparse maioritariamente participado pola suma das participacións de persoas físicas que non estean acometendo outras actividades económicas por conta propia á data de presentación da solicitude e das achegas de entidades de capital risco e investidores privados adscritos a unha rede asimilable ás coñecidas como redes de business-angels.
  • A participación no capital da empresa de persoas, físicas ou xurídicas, que si estean desenvolvendo outras actividades económicas na data de solicitude, non poderá exceder conxuntamente o 49%.

b) Antigüidade na actividade empresarial:

  • No caso dos autónomos a data de alta censual non poderá ter unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda e deberá ter unha dedicación plena ao proxecto, e non poderá desempeñar outra actividade por conta propia ou allea desde a alta de actividade.
  • No caso de sociedades, tanto a súa data de constitución como a súa data de alta censual non poderán ter unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda.

c) Contribución financeira exenta de axudas públicas:

Os beneficiarios deberán achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

Requisitos principais do proxecto

1. Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.
  • Presentar un custo subvencionable superior a 25.000 euros e non superior a 500.000 euros, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 euros, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade.
  • Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.

2. Considérase novo emprendedor, para os efectos destas bases, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda ou ben, que aínda desempeñando unha actividade económica no momento da solicitude de axuda, figure de alta no RETA cunha antigüidade igual ou inferior a 42 meses ou teña unha participación igual ou inferior ao 25% do capital dunha sociedade mercantil.

3. Considérase nova peme, para os efectos destas bases:

  • No caso dos autónomos, cando a data de alta censual non teña unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda e deberá ter unha dedicación plena ao proxecto, e non poderá desempeñar outra actividade por conta propia ou allea desde a alta de actividade.
  • No caso de sociedades, cando a súa data de constitución como a súa data de alta censual non teñan unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda.

Cualificación requerida do proxecto

Os proxectos que cumpran coas condicións necesarias serán avaliados de acordo co seguinte baremo xeral:

a) O sector de actividade a que se dirixe o proxecto (0-30 puntos). Aos proxectos dos sectores relacionados no anexo III destas bases asignaránselle 30 puntos.

b) O valor engadido medio xerado pola actividade económica en que se vai encadrar o proxecto (en función da ratio asignable a cada sector de actividade a 2 díxitos), segundo as táboas indicadas no anexo IV destas bases (0-30 puntos).

c) A cualificación do proxecto como Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica (Iebt) polo órgano competente da Xunta de Galicia (10 puntos).

d) Compromiso de creación de emprego indefinido por conta allea. Outorgaranse 5 puntos por cada novo emprego que se comprometan a crear. (máximo 20 puntos).

e) Cualificación da viabilidade do plan de empresa presentado xunto a solicitude a través dos servizos da Unidade Galicia Emprende. (10 puntos)

Inversións ou gastos computables

1. Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido consideraranse integrados na base subvencionable os conceptos seguintes:

a) Investimentos realizados en:

  • Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións, suxeitos aos módulos máximos de custo subvencionable que se achegan como anexo V.
  • Bens de equipamento: maquinaria de proceso, equipamentos informáticos, mobiliario, instalacións específicas para a actividade subvencionable, elementos de transporte interior, e equipos de protección do ambiente.
  • Outros investimentos en activos fixos mobiliarios.
  • Activos inmateriais, tales como adquisición de dereitos de patentes, licencias, Know how e coñecemento técnicos non patentados, incluíndo aplicacións informáticas, que cumpran as condicións do artigo 14.8 do Regulamento (UE) 651/2014.

b) Gastos de aprovisionamentos de materias primas e de mercadorías ou servizos de profesionais independentes necesarios para vender un produto ou servizo. Podendo representar ata o 10% do proxecto subvencionado total.

c) Gastos de investigación e desenvolvemento e o canon fixo de franquías no seu primeiro ano.

d) Os gastos de aluguer de bens inmobles, ata un prazo máximo dez meses.

e) Os gastos do informe de auditor a que fai referencia o artigo 14.6.b) das bases.

f) Igualmente considéranse subvencionables a adquisición de activos pertencentes a un establecemento, en certas condicións.

Contía das axudas

Con carácter xeral a subvención poderá chegar ata o 25% dos investimentos subvencionables, e ata o 35% se o beneficiario é unha pequena empresa, agás os gastos do artigo 5.1 f), que poderán chegar ao 10% no caso de medianas empresas e ao 20% no caso de pequenas empresas.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 4 de xaneiro de 2015 e rematará o 12 de febreiro de 2015.

Referencia lexislativa

Resolución do 28 de decembro de 2015 (DOG Nº247 do 29/12/2015) - Bases reguladoras e convocatoria 2016

Máis información

IGAPE. Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n 15703. Santiago de Compostela (A Coruña)
Tel. 902 300 903 / 981 541 147 . Fax: 981 558 844

Convocatoria