×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Employer Branding: como atraer o talento cara as empresas

A xornada de traballo contou coa presenza de Andrés Menéndez, Director rexional da Zona Norte de Randstad, e o seu equipo así como de Roberto Cabezas, Director de Recursos Humanos de Queserías Entrepinares. Os participantes da xornada puideron acercarse da man de Andrés ao informe sobre Employer Branding de Randstad Awards centrándose, por suposto, no sector da alimentación. Pola súa banda, Roberto -dunha forma moi xenerosa como afirmou o tamén presente presidente do Clúster Alimentario Juan A. Vázquez Gancedo- compartiu o caso de éxito da súa empresa que foi galardoada polas súas boas prácticas na xestión de recursos humanos e respondeu a todas as inquietudes dos asistentes.

Dunha forma máis específica, tratáronse entre outros temas: a comunicación interna, a seguridade laboral, as posibilidades de formación na propia empresa e a planificación da carreira profesional dos traballadores, a igualdade de xénero, a conciliación e a flexibilidade laboral, a adaptación ás novas tecnoloxías, así como as necesidades e características de diferentes xeracións de empregados. Ao remate, todos pudieron intercambiar impresións sobre os temas expostos e charlar dunha forma máis distendida.