×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
El Corte Inglés potencia as relacións co sector da man do Clúster Alimentario de Galicia

reunión da delegación de El Corte Inglés na sede dunha das empresas

O Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) levou a cabo os días 25 e 26 de xaneiro, dentro do seu programa Meet the Buyer, unha misión comercial inversa que contou coa participación da delegación comercial da Central de Compras de El Corte Inglés de Madrid. O obxectivo do programa é o de potenciar as relacións directas entre as empresas alimentarias de Galicia e os compradores clave do ámbito nacional e internacional.

El Corte Inglés

El Corte Inglés é un dos grupos líderes de distribución de España composto por empresas de distintos formatos, sendo o principal o de grandes almacéns. No modelo de venda expresado no seu documento de responsabilidade social empresarial sinálase que os cinco alicerces de compromiso co cliente son a calidade, o servizo, a sorte, a especialización e a garantía. Asemade, a relación cos provedores baséase nunha relación e colaboración constante nun marco de confianza mutua baseado na calidade e excelencia.

A misión comercial

A misión desenvolveuse cunha axenda personalizada de visitas ás fabricas de referencia en Galicia dos sectores de produtos e pratos preparados de peixe e marisco, destacando Salica Alimentos, Yatecomeré, Clavo Food Factory, Cabomar Congelados e Pescasana, co fin de coñecer de primeira man os produtos e o funcionamento das factorías. Así mesmo, desenvolvéronse xuntanzas nas que os responsables comerciais das empresas e os compradores puideron avaliar e consolidar as relacións comerciais para o futuro.

Esta misión e o inicio do programa de misións comerciais que desenvolverá o clúster no ano 2016 nas que se pretende facer partícipes ás principais cadeas líderes en hostalería e ós centros de distribución dos produtos alimentarios e bebidas galegas, así como reforzar a súa presenza no mercado nacional e internacional.