×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Finalidade/Obxectivo

Axudas do Programa Principia da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás empresas e organismos de investigación en Galicia, destinadas ao fomento da contratación durante un período mínimo dun ano de persoal técnico para a realización de actividades de I+D+i aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia, co fin de favorecer a súa carreira profesional, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente preparado para acometer proxectos de I+D+i.

Beneficiarios potenciais

a) As empresas con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia.

b) Os organismos de investigación públicos ou privados galegos ou con centro de traballo en Galicia, tendo en conta que quedan obrigados a destinar a axuda recibida a usos relacionados con actividades non económicas e relativas a actuacións de I+D+i.

Requisitos do proxecto

Serán actividades subvencionables a contratación de persoas técnicas durante un período mínimo dun ano para a realización de actividades de I+D+i, coas seguintes características:

a) As actividades de I+D+i que realizarán as persoas contratadas deberán desenvolverse en centros de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia e estarán aliñadas cos retos e coas prioridades estratéxicas establecidas na RIS3 para Galicia (anexo III).

b) O custo mínimo anual por cada persoa traballadora contratada, incluídos custos salariais e a Seguridade Social a cargo da empresa, será de 24.000 euros.

c) O persoal contratado deberá cumprir as seguintes condicións: Ser menor de 35 anos no momento da contratación; estar en posesión dun título medio ou superior (titulación de grao); non ter experiencia laboral superior a 12 meses na categoría profesional correspondente á súa titulación e non ter sido contratado, baixo calquera modalidade, ao longo do ano 2016 pola entidade solicitante.

Contía das axudas

1. A contía do incentivo que percibirán as entidades beneficiarias será de 10.000 euros por cada persoa contratada, ata un máximo de 10 contratos por entidade beneficiaria.

2. O incentivo en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou internacionais, supere o custo da actividade subvencionable ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza.

3. O incentivo será compatible, se é o caso, coas bonificacións ou reducións de cotizacións á Seguridade Social.

Prazo de presentación

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Referencia lexislativa

Resolución do 2 de xuño de 2016 (DOG Nº 113 do 15 de xuño de 2016) - Bases reguladoras e convocatoria.

Mais información

Pode consultar mais información relativa a dita convocatoria no seguinte ligazón, nos teléfonos 981 957 008 / 981 957 393 ou a través do enderezo electrónico servizos.gain@xunta.es.

Guía práctica Convocatoria