×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Finalidade/ Obxectivo

Preténdese estimular a cooperación estable en actividades de I+D entre empresas situadas nas principais rexións destinatarias do “Programa Operativo de Crecemento Intelixente 2014-2020”, cofinanciado a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). En particular, perséguese o desenvolvemento de tecnoloxías novidosas en áreas tecnolóxicas de futuro con proxección económica e comercial a nivel internacional, supoñendo á súa vez un avance tecnolóxico e industrial para ditas rexións. Os proxectos obxecto de axuda serán proxectos de desenvolvemento experimental na modalidade de proxectos en cooperación e deberán ser desenvolvidos no ámbito xeográfico das seguintes comunidades: Andalucía, Canarias, Castela-A Mancha, Extremadura, Murcia e Galicia.

Beneficiarios potenciais

Poderán ser beneficiarios das subvencións previstas na presente convocatoria as agrupacións de persoas xurídicas constituídas unicamente por empresas. As agrupacións deberán estar constituídas, como mínimo, por dúas empresas autónomas entre si, das cales polo menos una delas ha de ser grande ou mediana e outra ha de ser Peme. O número máximo de empresas integrantes da agrupación será de seis.

Sectores e áreas incentivables

Calquera área temática con elevado nivel tecnolóxico, que permita aos participantes incrementar o valor engadido das súas actividades e estimulen a creación de emprego cualificado.

Áreas temáticas relevantes:

a) Saúde, cambio demográfico e benestar.

b) Seguridade e calidade alimentarias; actividade agraria produtiva e sustentable, recursos naturais, investigación mariña e marítima.

c) Enerxía segura, eficiente e limpa.

d) Transporte intelixente, sustentable e integrado.

e) Acción sobre o cambio climático e eficiencia na utilización de recursos e materias primas.

f) Cambios e innovacións sociais.

g) Economía e sociedade dixital.

h) Seguridade, protección e defensa.

Gastos subvencionables

1) Gastos de persoal, propio e novas contratacións, dados de alta en centros das CC.AA. mencionadas.

2) Equipamento, instrumental e material (adquisición ou amortización).

3) Material funxible, subministracións e produtos similares.

4) Custos de investigación contractual, coñecementos técnicos e patentes e custos de consultaría.

5) Gasto derivado do informe auditor.

Financiamento

A contía máxima das axudas a outorgar con cargo a esta convocatoria para o período 2016-2018 é de 50.000.000 euros en concepto de subvencións. As axudas serán cofinanciadas con cargo aos fondos FEDER, a través do Programa Operativo de Crecemento Intelixente 2014-2020, e o resto financiarase con cargo aos fondos propios do CDTI.

A intensidade da axuda será para as pequenas empresas do 60%, medianas 50% e grandes 40%. Contará cun pago anticipado de até un 75% da subvención concedida por anualidade. Non se solicitarán garantías adicionais, e os proxectos non poderán ser iniciados con anterioridade á solicitude da axuda.

Prazo e forma de presentación

O prazo de presentación de solicitudes e documentación anexa comezará o 29 de abril de 2016 e finalizará o día 20 de xuño de 2016, ás 12:00 horas do mediodía.

A cumplimentación e presentación das solicitudes para a obtención das axudas deberase realizar obrigatoriamente a través dos medios electrónicos habilitados para iso na sede electrónica do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Indutrial, na seguinte ligazón.

Referencia Lexislativa

Resolución do 29 de abril de 2016 (BOE nº 103 do 29/04/2016). Bases reguladoras da convocatoria Orde ECC/1780/2013, de 30 de setembro, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas públicas do Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016 (BOE núm. 236, de 2 de outubro de 2013), modificada mediante Orde ECC/2483/2014, de 23 de decembro (BOE núm. 315, de 30 de decembro de 2014).

Máis información e convocatoria

Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI). Cid, 4. 28001 Madrid. Tel: 91 581 55 00.

Convocatoria