×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A Consellería de Economía, Emprego e Industria pon en marcha o programa Responsabilízate, co que ofrecerá servizos de tutela en responsabilidade social ás empresas seleccionadas, a través do acompañamento real dun titor experto na RSE, co obxectivo de mellorar a competitividade e eficiencia das pequenas e medianas empresas que desexen solicitar a súa tutela.

Obxecto

O programa consiste en impulsar unha maior implantación da RSE nas Pemes cun acompañamento real dun titor experto en RSE que facilite este labor. A titorización estará orientada a dous aspectos básicos:

1º. Diagnose ou análise do estado e potencial da RSE na Peme galega: consistirá en facilitar a diagnose da situación ou posibilidades da RSE e a formación nas Pemes, que abra un camiño para o interese e implantación da RSE na Peme.

2º. Actuación: acompañar na definición dun plan de acción e implantación das primeiras accións.

Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarias destes servizos as pequenas e medianas empresas (Pe­mes) que teñan radicado o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

2. Ademais do especificado no punto anterior, as Pemes deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.
  • Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balan­ce anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
  • Non seren entidades sen ánimo de lucro.
  • Non ter sido sancionadas, por ningunha causa, nos tres últimos anos.

Servizos básicos que se ofrecen:

a) Análise do estado ou diagnose da situación da RSE: o diagnóstico partirá dun primei­ro contacto para coñecer a empresa en profundidade. Tras un estudo e a realización da análise a través da plataforma Xunta Pro RSE, completarase o diagnóstico final. Esta fase terá unha duración estimada de 15 horas para cada unha das empresas seleccionadas.

b) Formación: consistirá nun mínimo de 15 horas de duración por cada empresa, nas que se tratarán cuestións como a sensibilización e contexto da RSE, o mapa de grupos de interese, enfoques de diálogo con estes grupos e as ferramentas para xestionar a RSE. Esta formación poderá organizarse agrupándose as distintas empresas que participan no programa.

c) Plan de acción e implantación: consistirá nun proceso, dunha duración aproximada de 40 horas por empresa, no que se definirá o plan de RSE e se acompañarán a Pemes na implantación das primeiras accións identificadas.

Prazo

Remata o vindeiro 30 de setembro de 2016. As solicitudes poden facerse de xeito presencial ou a través da sede electrónica.

Referencia lexislativa

Resolución do 21 de xuño de 2016 pola que se lle dá publicidade das bases reguladoras para a selección de pequenas e medianas empresas ás que se prestarán servizos de tutela en materia de responsabilidade social empresarial, a través do programa Responsabilízate, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 130 do 11 de xullo de 2016).

Máis información

Consellería de Economía, Emprego e Industria, Servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral. San Lázaro s/n 15781 Santiago de Compostela. Teléfono 981544615 / 981545743. E mail: secretaria-xeral.emprego@xunta.gal

Convocatoria