×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A Dirección Xeral de Industria e da pequena e mediana empresa lanzou a terceira convocatoria do PROGRAMA DE CRECEMENTO EMPRESARIAL cuxo obxectivo é consolidar e mellorar o crecemento das PEMES que contan con fabricación propia en España e pertenzan ao sector industrial.

Trátase dun Programa de asesoramento a PEMES nas áreas de dixitalización, innovación, marketing, financiamento, operacións e recursos humanos.

Na fase inicial realizarase un diagnóstico que servirá de base para a elaboración posterior dun Plan de Crecemento, deseñado a medida das empresas participantes neste programa 2017.

Cada empresa seleccionada dispoñerá de 50 horas de asesoramento. O custo do servizo de asesoramento é de 6.497,30 € dos que a empresa só abonaría 805,45 €, o resto do custo está subvencionado pola Secretaría Xeral de Industria e PEME.

O Programa de Crecemento Empresarial está recollido na seguinte ligazón no que se inclúe, ademais de información detallada sobre a convocatoria, o formulario para solicitar a participación no Programa antes do 22 de Setembro e vídeos testemuñais de varias empresas que participaron na convocatoria previa:

http://www.ipyme.org/programacrecimientoempresarial

Programa