×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Obxecto/ Finalidade

Concesión de préstamos para o desenvolvemento de proxectos de investigación industrial e proxectos de desenvolvemento experimental, así coma proxectos de innovación en materia de organización e procesos de pequenas e medianas empresas.

Beneficiarios potenciais

Poderán ter a condición de beneficiario as sociedades válidamente constituídas antes do 1 de xaneiro de 2013, que desenvolvan unha actividade industrial produtiva e que cumpran as obrigacións, condicións e requisitos establecidos nos artigos 5 e 7 da Orde IET/895/2016, de 2 de xuño.

Tipos de actuacións financiables

  • Poderán ser obxecto de axuda as actuación das seguintes tipoloxías de proxectos:
  • Proxectos de investigación industrial.
  • Proxectos de desenvolvemento experimental.
  • Proxectos de innovación en materia de organización de PEME.
  • Proxectos de innovación en materia de procesos de PEME.

Características da financiación

Os apoios financeiros convocados mediante esta orde terán a forma de préstamos reembolsables.

Os préstamos terán as seguintes características:

a) O presuposto financiable mínimo das actuacións será de 150.000 €

b) Prazo máximo de amortización: Dez anos incluíndo un período de carencia de tres anos.

c) Tipo de interese de aplicación: O tipo de interese aplicable será do 0%.

d) O método de amortización seguirá o seguinte sistema: As cotas de amortización do principal serán anuais e de igual contía, e deberán satisfacerse unha vez finalizado o prazo de carencia.

e) Garantías: esixirase antes da resolución definitiva da concesión do préstamo, a presentación do resgardo de constitución de garantía ante a Caja General de Depósitos na modalidade de aval prestado por entidades de crédito o sociedades de garantía recíproca por importe do 20% do préstamo proposto.

Prazo de realización das actuacións

As actuacións financiadas deberán executarse dende o día seguinte a data de presentación da solicitude ata un prazo máximo de dezaoito meses contados dende a data de resolución da concesión.

Importe da financiación

O importe máximo da financiación a conceder será dun 80% sobre o presuposto financiable.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación do extracto de esta orde no BOE (sábado, 9 de xullo de 2016).

Bases reguladoras

Orde IET/895/2016, de 2 de xuño, publicada no BOE de 8 de xuño de 2016.

Mais información

Pode solicitar mais información no Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo no teléfono 91 349 46 40.

Convocatoria