×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) ven de anunciar a convocatoria de Principia 2017, un programa de axudas para a contratación de persoal para a realización de actividades de I+D+i en empresas e centros de coñecemento galegos en áreas estratéxicas para Galicia.

Obxecto:

Concesión de axudas para o fomento da empregabilidade do persoal en actividades de I+D+i, a través da súa contratación laboral durante un período mínimo dun ano, co fin de favorecer a súa carreira profesional, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente cualificado para acometer proxectos de I+D+i enmarcados en áreas estratéxicas para Galicia (RIS3)

Beneficiarios:

Os beneficiarios das axudas deberán cumprir as seguintes condicións establecidas:

  • Empresas galegas e/ou con centro de traballo en Galicia.
  • Organismos de investigación (públicos ou privados) en Galicia.

Importe da financiación:

O programa ten un orzamento total de 1.100.000 € (ampliable) cunha subvención máxima de 10.000 € / contrato 12 meses. Tendo previsto alcanzar 110 contratos.

A axuda para cada contrato será aboada nun único pagamento unha vez que se realice a contratación.

Condicións do persoal contratado

  • Ter unha idade comprendida entre os 18 e os 35 anos.
  • Estar en posesión dun título universitario medio ou superior ou de formación profesional de grado superior ou equivalente.
  • Non ter experiencia laboral superior a 36 meses na súa categoría (para o cómputo desta experiencia non se terán en conta as prácticas que formen dos currículos para a obtención das titulacións correspondentes, as prácticas non laborais e as bolsas).
  • Non ter sido contratado nos 6 meses anteriores pola entidade solicitante, no grupo de cotización á Seguridade Social correspondente a súa titulación.
  • Non ter sido subvencionada a súa contratación na convocatoria Principia do ano 2016.

Condicións do contrato

  • Os contratos subvencionados poderán estar formalizados entre o 1 de xaneiro e o 1 de decembro de 2017.
  • Os contratos poderán ser indefinidos ou temporais, de duración mínima dun ano.
  • As actividades de I+D+i que realicen as persoas contratadas desenvolveranse en centros de traballo de Galicia e estarán aliñadas cos retos e prioridades da RIS3.
  • As entidades poderán indicar un perfil indeterminado no momento da solicitude, o que permitirá maior flexibilidade á hora da contratación.

A retribución anual bruta a percibir por cada persoa contratada deberá figurar no contrato expresamente e non poderá ser inferior a 19.000 euros.

Especificacións e prazos da convocatoria

Convocatoria en réxime de concorrencia competitiva con criterios obxectivos calculables de xeito automático e establecidos na orde da convocatoria.

A Axencia Galega de Innovación disporá dun prazo de 2 meses para resolver a concesión das axudas.

Réxime xurídico de minimis para o caso das empresas.

Prazo de presentación de solicitudes:

23/06/2017 – 24/07/2017

http://sede.xunta.gal

Referencia lexislativa:

Publicación no DOG do 22/06/2017

Máis información:

http://gain.xunta.gal

servizos.gain@xunta.gal

881 999 471 / 881 999 160

Programa