×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Obxecto:

O obxecto destas bases é a concesión de axudas ás pemes, destinadas ao financiamento das actividades integradas en Plans de Innovación que lles permitan sistematizar os procesos de innovación da empresa e estean aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia.

Beneficiarios:

Os beneficiarios das axudas deberán cumprir as seguintes condicións establecidas:

  • Microempresas, pequenas e medianas empresas individuais, de acordo coas definicións do Anexo I do Regulamento (UE) nº651/2014.
  • Domicilio social ou centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que solicita axuda.

Importe da financiación:

O programa ten un orzamento total de 5.000.000 € cunha subvención máxima do 50% dos custos de implementación do plan de innovación da empresa, variando as axudas entre 50.000 € e 150.000 €.

  • Para as microempresas o orzamento total do seu proxecto deberá comprender entre 100.000 - 200.000 € (mínimo – máximo) sendo o alcance da axuda 50.000 – 100.000 € (mínimo – máximo).
  • Para as PEMES o orzamento total do seu proxecto deberá comprender entre 100.000 - 200.000 € (mínimo – máximo) sendo o alcance da axuda 50.000 – 100.000 € (mínimo – máximo).

Condicións específicas da axuda

Os solicitantes deberán presentar un Plan de innovación no modelo tipo da convocatoria. O plan permitirá ampliar e consolidar a capacidade innovadora da empresa.

O desenvolvemento das actuacións do plan realizaranse como mínimo ao longo dun ano e estenderase como data límite ata o 30 de novembro de 2018.

Asemade as empresas solicitantes terán que presentar o Informe Innobench, un estudo gratuíto e personalizado, que permitirá coñecer o punto de partida en materia de innovación da empresa (www.zfv.es/innobench).

Actividades subvencionables

A. Actividades de Innovación: Estudo de novos produtos ou servizos innovadores, asesoramento en innovación, protección industrial/intelectual...

B. Innovacións en materia de procesos: solucións que melloren os procedementos internos da organización.

C. Innovacións en materia de organización: cambios e/ou ideas innovadoras que incidan positivamente no posicionamento da empresa.

Gastos subvencionables

As axudas financiarán como máximo o 50% dos custos de implementación dos plans de innovación a executar.

Só se admitirán gastos realizados desde a data de presentación da solicitude de axuda.

Terán a consideración de gastos subvencionables só os custos directos que se deriven directamente das actividades do plan:

A. Para actividades de innovación:

1. Custos de obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais.

2. Custos derivados da incorporación temporal de expertos altamente cualificados.

3. Custos de servizo de asesoramento e apoio en materia de innovación.

B. Para innovación en materia de procesos e organización:

1. Custos de persoal propio (ata o 50% do custo subvencionable) ou de nova contratación.

2. Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición.

3. Custos de adquisición de licenzas de propiedade industrial.

4. Custos de material, suministros e produtos similares.

Permitirase a subcontratación con organismos de investigación ou outras entidades ata un máximo do 50% do custo total da actividade subvencionada.

Prazo de realización das actuacións

O desenvolvemento das actuacións do plan realizaranse como mínimo ao longo dun ano e estenderase como data límite ata o 30 de novembro de 2018.

Prazo de presentación de solicitudes:

Dous meses a partir da publicación da convocatoria

http://sede.xunta.gal

Referencia lexislativa:

Pendente publicación DOG

Máis información:

http://gain.xunta.gal

servizos.gain@xunta.gal

881 999 471 / 881 999 160

Programa