×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, resalta os "Premios e Axudas aos Proxectos Piloto Fábrica 4.0. en Galicia" que o Goberno galego levará a cabo, como “o primeiro paso de Galicia cara á fábrica intelixente”. Conde participou na xornada Open Day Industria 4.0., que reuniu a empresarios e representantes de organismos intermedios –clústers, entre eles o Clúster Alimentario de Galicia, centros tecnolóxicos e asociacións empresariais- para trasladarlles os detalles deste proxecto.

A través do concurso, a Xunta apoiará 4 proxectos demostrativos da fábrica intelixente, desenvolvendo “proxectos concretos que se implementarán nos procesos produtivos das empresas”, sinalou o conselleiro. Se trata dunha convocatoria competitiva na que consorcios formados por un organismo intermedio, xa sexa un cluster, centro tecnolóxico ou unha asociación empresarial, e polo menos 3 pemes, presenten proxectos conxuntos para aplicar tecnoloxías da industria 4.0 ás empresas participantes.

A Xunta apoiará aos proxectos gañadores con 4 millóns de euros, unha cantidade que suma os apoios a cada organismo intermedio que forme parte destes consorcios, así como os respaldos aos investimentos que farán ás pemes, coa porcentaxe máxima permitida pola lexislación. Estes apoios se poderán complementar con outros instrumentos financeiros do IGAPE en función de cada caso.

No eido do sector alimentario o Clúster Alimentario de Galicia CLUSAGA en colaboración con ANFACO-CECOPESCA están a configurar unha agrupación de empresas do sector alimentario coa finalidade de concorrer á convocatoria.

As empresas participantes poderán recibir axuda do IGAPE na incorporación de tecnoloxías especiais relacionadas coa Fábrica do Futuro e o concepto Industria 4.0 para o desenvolvemento da implantación de equipamento e sistemas para a modernización dos procesos. Nesta liña asemade, incorporándose á agrupación, poderán recibir soporte na preparación da proposta individual, identificación de provedores de equipamento e sistemas e asesoramento tecnolóxico por parte de ANFACO e CLUSAGA.

Mais información en info@clusaga.org e tlf 981556062; ou en otri@anfaco.es e tlf 986469303.

Convocatoria