×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Compradores de USA e Canadá participan na misión comercial a Galicia do Clúster Alimentario

Visita da delegación da misión comercial á fábrica de Portomuiños

O Clúster Alimentario de Galicia, no programa de accións Meet the Buyer, organizou, coa colaboración da Federación Española de Industrias da Alimentación e Bebidas (FIAB) e o apoio do IGAPE, unha misión inversa, os días 13 e 14 de outubro do 2016, coa visita a Galicia de dez importadores e distribuidores de produtos alimentarios e bebidas procedentes dos Estados Unidos e Canadá.

O mercado norteamericano

Os Estados Unidos, cunha poboación de 321,6 millóns de habitantes, continúan a ser o primeiro socio extracomunitario de España e o sexto a nivel global, sendo o alimentario o terceiro sector cun maior peso no conxunto das exportacións. Dentro do mesmo destacan especialmente as exportacións de viños; aceite de oliva; hortalizas conxeladas; produtos lácteos, ovos e mel e os peixes e crustáceos.

Canadá ocupou no ano 2015 o oitavo posto no ranking de países destino das exportacións de alimentos e bebidas españolas fóra da Unión Europea. Cunha poboación que supera os 35 millóns de habitantes e niveis de renda crecentes, Canadá representa un mercado de oportunidades para os produtos alimentarios galegos. O maior volume de vendas da industria española de alimentos e bebidas a este mercado é de viño, un 57,8% do total, seguido das exportacións de olivas; produtos cárnicos porcinos e as conservas de peixe. As conservas vexetais en vinagre, os queixos e as conservas de froitas figuran entre os dez primeiros produtos.

A misión comercial

O Clúster Alimentario de Galicia colaborou coa Federación Española de Industrias da Alimentación e Bebidas (FIAB) dentro do programa de Business Meetings co obxectivo de elaborar unha axenda conxunta. Deste xeito, o grupo de dez importadores procedentes de EEUU e Canadá viaxaron durante unha semana a España para coñecer produtos e empresas do sector alimentario.

Durante os días 10 e 11 de outubro, o grupo de importadores estivo en Madrid onde se organizou unha axenda de entrevistas con empresas interesadas nos seus mercados. Posteriormente, o grupo trasladouse a Galicia durante tres días, onde continuaron mantendo reunións de negocio con empresas galegas e, ademais, visitaron diversas fábricas alimentarias e bodegas. Deste xeito os importadores, con intereses diversos, puideron coñecer de primeira man produtos galegos tales como viños, conservas, aceites, peixe ou queixos e observar coma a orixe das materias primas e os seus procesos de elaboración aseguran a calidade final dos produtos galegos.