×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A Clúster Alimentario de Galicia ven colaborando coa acción promovida pola Fundación Juana de Vega e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, AGACA, a fin de promocionar a adhesión ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria, regulado pola Lei 12/2013, de 2 de agosto, de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria.

O obxectivo é que todos os operadores da cadea identifiquen os beneficios deste código á hora de favorecer a todo o sector agroalimentario e protexer os seus dereitos e os dos consumidores.

A Lei da Cadea Alimentaria (LCA) creouse para intentar frear as prácticas abusivas que se producen nas relacións comerciais entre os actores da cadea, e que saíron á luz grazas ao informe da Comisión Nacional de Competencia de 2011 sobre as relacións entre fabricantes e distribuidores do sector.

O labor principal da LCA é ofrecer unha canle adecuada para asegurar o cumprimento das normas de protección fronte ao abuso. Ten unha dobre vertente, ao conxugar a promoción dun Código de Boas Prácticas Mercantís cun réxime sancionador. Trátase dunha iniciativa de interese, que merece a atención de todos os operadores da cadea para o desenvolvemento das súas relacións comerciais.

En caso de estar interesado en participar basta con encher a solicitude de Inscrición no Código e no Rexistro Estatal de BBPP e achegar unha breve documentación que será avaliación polo Ministerio a fin de en caso afirmativo emitir a Acreditación da Adhesión ao Código así como o número de inscrición no Código.

Máis información

Poden obter máis información no seguinte enderezo electrónico info@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.

Código