×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
CLUSAGA xunto con GAIN e IGAPE organizou un Workshop sobre servizos e apoios á innovación

CLUSAGA xunto con IGAPE e GAIN presentou os programas 2017 de servizos e instrumentos de apoio á innovación o pasado 20 de Xullo en no Edificio Feuga do Campus Vida en Santiago de Compostela.

O obxectivo deste taller foi presentar as principais características, novidades e resolver as dúbidas sobre as convocatorias e propiciar un espazo de networking para o contacto entre as entidades participantes.

A xornada comezou cunha pequena introdución de benvida aos asistentes por parte de Roberto Alonso, Xerente do Clúster Alimentario de Galicia, dando paso a Teresa Bernal, xefa do departamento de Servizos e Observatorio da Innovación (GAIN), a cal centrou o seu discurso na explicación das súas principais convocatorias en innovación: os programas PRINCIPCIA e Innova Peme. Cabe destacar que o público asistente mostrou un especial interese neste tipo de axudas.

Tras unha pausa para café-networking, a quenda foi para José Manuel Fernández, Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), que tomou a palabra para explicar de primeira man o programa Reacciona así como proxectos en Industria 4.0, enfocados principalmente na mellora competitiva das pequenas e medianas empresas galegas.

Por parte do Clúster Alimentario de Galicia, Karolina Iwanowicz, técnica de proxectos da entidade, achegou aos asistentes o novo proxecto centrado en nutrición personalizada en poboación sénior no que CLUSAGA está a traballar nun consorcio de 9 clústers europeos. O proxecto Innovation in personalised Nutrition through Cluster cooperation in the Silver economy INCluSilver busca aproveitar as oportunidades relacionadas coa nutrición personalizada e a economía sénior, a través do reforzo da innovación en produtos e servizos de distintos sectores, orientada ao segmento poboacional de máis de 50 anos.

Para rematar realizouse unha mesa redonda sobre servizos de apoio á innovación e plans de innovación na que participaron Roberto Alonso; Andrés Faiña, Catedrático J. Monnet Economia Industrial Europea pola Universidade da Coruña; e Julio Sande, Director Desarrollo de Negocio Noroeste Clarke, Modet & Cº.

Por outra banda, ao largo da mañá, mantivéronse reunións bilaterais con técnicos de GAIN, IGAPE e CLUSAGA para coñecer máis en profundidade tódolos proxectos presentados.